IKEA asegura ao alcalde que instalará un "gran complexo" en Vigo<br />
Abel Caballero mantivo este xoves un encontro co Director Territorial de Expansión da empresa sueca, David Almagro, para tratar os plans de ubicación de IKEA en Vigo. Segundo informou o alcalde, a compañía instalarase na cidade olívica, onde erixirá un "gran complexo". A vindeira semana comezarán os encontros entre Urbanismo e IKEA para iniciar os trámites. <br />
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, mantivo este xoves un encontro co Director Territorial de Expansión de IKEA, David Almagro, que confirmou ao rexedor que instalará un "gran complexo" na cidade olívica, que precisará dunha "enorme cantidade de espazo".
O alcalde informou con posterioridade á reunión do "especial interese" da empresa en Vigo, cidade á que considera un "mercado prioritario". Abel Caballero garantiu a "total cooperación" do Concello para a instalación da firma "o antes posible" e adiantou que a vindeira semana darán comezo as conversas co departamento de Urbanismo ao efecto.
"Para esta cidade é interesante que IKEA se estableza", comentou o alcalde, polo que se iniciarán as negociacións coa principal finalidade de buscar o mellor emprazamento posible e axilizar ao máximo os trámites administrativos.
O alcalde mostrou a súa "satisfacción" por esta "moi boa nova", xa que esta firma é "un reclamo moi importante aos efectos comerciais nunha gran cidade como Vigo", que ten "efecto arrastre" do comercio local. As negociacións "chegarán a bo porto de xeito inmediato", concluíu Abel Caballero.
Descargar todas as imaxes