Escoitar

O alcalde estima que as humanizacións do Fondo Estatal de Inversión Local en Vigo crearán case 700 empregos

Abel Caballero informou que a Xunta de Goberno Local aprobou este mércores os pregos e os proxectos doutras 15 humanizacións na cidade nos entornos do Calvario, Balaídos, Coia e Praza da Industria por valor de 19,7 millóns de euros. En total, co xa validado o pasado luns, as humanizacións con cargo ao Fondo Estatal de Inversión Local para o 2009 ascenden a 33,5 millóns e crearán 671 postos de traballo. <br />

mércores, 21 xan 2009
1232546323P5050013br.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, informou este xoves da aprobación por parte do goberno local dos proxectos e pregos de condicións doutras 15 humanizacións na cidade, por valor de 19,7 millóns de euros e 436 empregos creados. Sumado ao validado o pasado luns, son 24 as rúas que se mellorarán desde o 30 de marzo, un investimento de 33,5 millóns que creará 671 novos postos de traballo na cidade, salientou o rexedor, procedentes preferentemente do INEM de Vigo.

As novas humanizacións continuarán a mesma fórmula e calidade empregada ata o de agora noutros ámbitos da cidade. As aprobadas este mércores, segundo explicou o alcalde, tamén comezarán o 30 de abril, e actúan principalmente nos ámbitos do Calvario, Balaídos, Coia e Praza da Industria.

O alcalde citou que as humanizacións se ampliarán a Sanjurjo Badía -entre o Barrio das Flores e García Barbón- por valor de 1,9 millóns de euros, que contempla a creación de 31 empregos e unha duración dos traballos de 6 meses; Jesús Fernández, con 330.000 euros, 14 novos postos de traballo e unha duración das obras de 2 meses; e a rúa Portela, con 633.600 euros e que dará traballo a 18 persoas durante 3 meses.

Tamén se aprobou hoxe mércores os proxectos de humanización para a rúa Badajoz (280.000 euros, 2 meses de duración das obras e unha creación de emprego estimada de 12 persoas), a rúa Jose Antela Conde (15 traballos creados para 4 meses de obras e cun orzamento de 726.000 euros), a rúa Andalucía (273.000 euros de custo, que empregarán a 12 traballadores en 2 meses de traballos); e a rúa Palencia (na que se investirán 896.500 euros en 4 meses de obras e cun emprego estimado de 19 persoas).

Ademais, tamén se acometerán melloras na rúa Sagunto -entre Martínez Garrido e Palencia-, 704.000 euros e 15 traballos en 4 meses; na rúa Toledo, que creará 18 postos de traballo nos 3 meses de obra, cunha inversión de 643.500 euros; e no ámbito de Balaídos: Val Miñor (225.400 euros, 10 persoas traballando por 2 meses) e as Avenidas de Balaídos e Alcalde Portanet (con 2.725.580 euros que empregará, entre 4 e 6 meses, a 52 persoas).

No entorno de Coia se humaniza Marín -1.076.000 euros, 36 persoas traballando por 3 meses-, Redondela -33 empregos, cun investimento de 993.680 euros durante 3 meses- e as rúas Estrada e Baiona -con 3.273.800 euros de custo, un emprego estimado de 51 postos e unha duración da obra de 6 meses.

Por último, o alcalde se referiu ao entorno da Praza da Industria, da que se humanizará as rúas Torrecedeira e Tomás Alonso, melloras que contan con 5.082.876 euros de orzamento, unha creación estimada de 100 postos de traballo e un prazo dos traballos que oscila entre os 4 e os 6 meses.

Tras a aprobación dos proxectos e pregos efectuada, a resolución será publicada no Boletín Oficial da Provincia e as empresas poderán presentar a súa candidatura para a definitiva adxudicación e comezo dos traballos. A este respecto, Abel Caballero adiantou que "no prego se valorarán moito as melloras que as empresas oferten" aos proxectos do Concello.

Orde do día da Xunta de Goberno
ASUNTOS PARA INCLUIR NA SESIÓN EXTRAORDINARIA E URXENTE DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL DE 21 XANEIRO DE 2009.


1.- Ratificación da urxencia.


2.- Relación de postos de traballo e instruccións de plantilla do Concello de Vigo para o ano 2009. Expte. 18746/220.

3.- Aprobación de pregos e proxecto de humanización da rúa Sanjurjo Badía, entre o Barrio das Flores e García Barbón. Expte. 67/440.

4.- Aprobación de pregos e proxecto de humanización da rúa Jesús Fernández. Expte. 68/440.

5.- Aprobación de pregos e proxecto de humanización da rúa Portela. Expte. 69/440.

6.- Aprobación de pregos e proxecto de humanización da rúa Badajoz. Expte. 70/440.

7.- Aprobación de pregos e proxecto de humanización da rúa José Antela Conde. Expte. 71/440.

8.- Aprobación de pregos e proxecto de humanización da rúa Andalucía. Expte. 72/440.

9.- Aprobación de pregos e proxecto de humanización da rúa Palencia. Expte. 73/440.

10.- Aprobación de pregos e proxecto de humanización da rúa Sagunto, entre Martínez Garrido e Palencia. Expte. 74/440.

11.- Aprobación de pregos e proxecto de humanización da rúa Toledo. Expte. 75/440.

12.- Aprobación de pregos e proxecto de humanización do ámbito das rúa Balaídos e Alcalde Portanet. Expte. 77/440.

13.- Aprobación de pregos e proxecto de humanización da rúa Val miñor. Expte. 78/440.

14.- Aprobación de pregos e proxecto de humanización da rúa Marín. Expte. 79/440.

15.- Aprobación de pregos e proxecto de humanización da rúa Redondela. Expte. 80/440.

16.- Aprobación de pregos e proxecto de humanización do ámbito das rúas Estrada e Baiona. Expte. 817440.

17.- Aprobación de pregos e proxecto de humanización do ámbito da Plaza da Industria (rúas Torrecedeira entre Eugenio Fadrique e Severino Ochoa, Severino Ochoa e Santa Marta, e rúa Tomás. A. Alonso)

18.- Aprobación do proxecto e prego de condicións para a contratación por procedemento aberto das "obras de eliminación de barreiras arquitectónicas em edificios e dependencias". Expte. 38856/301.

19.- Aprobación do proxecto e prego de condicións para a contratación por procedemento aberto das "obras de construcción dun campo de fútbol de herba sintética en Navia. Expte. 8401/333.OBRAS DE CONSTRUCCIÓN DUN CAMPO DE FUTBOL DE HERBA SINTETICA EN NAVIA.

20.- Aprobación do proxecto e prego de condicións para a contratación por procedemento aberto das obras de construcción dun pavillón polideportivo en Navia. Expte. 8402/333.

21.- Aprobación do proxecto e prego de condicións para a contratación por procedemento aberto das Obras de mellora e reurbanización de ruas no Casco Vello de Vigo. (consta de 6 lotes) Expte. 4753/307.

Obras de mellora do entramado viario nas ruas Ballesta, Gamboa, Fermín Penzol, Xoaquin Yañez.
Obras de mellora do entramado viario das rúas; Peñasco, San Xulian, San Bernardo, Xuanelo.
Obras de reurbanización das rúas; Poboadores e San Francisco
Obras de reurbanización da rúa Santiago.
Obras de urbanización das rúas Cruz Verde e rúa Abeleira Menéndez
Obras de urbanización das rúas Ferreiria, San Sebastián e subida a la Cuesta.

22.- Aprobación do proxecto e prego de condicións para a contratación por procedemento aberto das "obras do Proxecto de execución da remodelación do eixo das rúas Elduayen e Paseo de Alfonso (fases A, B e C) Expte. 4754/307.

23.- Aprobación do proxecto e prego de condicións para a contratación por procedemento aberto das "obras de revalorización e musealización dos restos arqueolóxicos do Castro de Vigo. Expte. 4755/307.

24.- Aprobación do proxecto e prego de condicións para a contratación por procedemento aberto das "obras de infraestructura de telecomunicacións no Casco Vello". Expte. 4756/307.

25.- Aprobación do proxecto e prego de condicións para a contratación por procedemento aberto das "obras de adaptación de locais para biblioteca na rúa Martínez Garrido". Expte. Expte. 11444/331.


DECRETO DE CONVOCATORIA
Examinada a relación de asuntos precedentes correspondentes ós expedientes para a súa inclusión na orde do día, convoco á Xunta de Goberno Local para realizar sesión extraordinaria e urxente na súa Sala o día 21 de xaneiro de 2009, ás 12,30, h. en 1ª convocatoria e ás 13,30 h. en 2ª convocatoria, para resolver os asuntos da devandita relación.

Notifíquese ós Sres. e Sras. membros da Xunta de Goberno Local; ao titular da Asesoría Xurídica, ao interventor xeral, ao titular do Órgano de Apoio á Xunta de Goberno Local e ós demais membros dos grupos políticos municipais do PSdG-PSOE e BNG. Fágase público no taboleiro da Casa do Concello para ós efectos de información.

Vigo, 21 de xaneiro de 2009.

O ALCALDE, A CONCELLEIRA SECRETARIA DA
XUNTA DE GOBERNO LOCAL,


Abel Caballero Álvarez Isaura Abelairas Rodríguez.
Descargar todas as imaxes