A exposición do Bicentenario da Reconquista de Vigo "resucita" ao mariñeiro Carolo
Carolo, o célebre mariñeiro dó Berbés que empuñou a machada que utilizaría Cachamuiña para rachar a Porta dá Gamboa revivirá as circunstancias dos feitos históricos na sala de cine, habilitada na planta baixa da exposición "Reconquista: 1809-2009 A Exposición", que estará aberta o público do 6 ao 30 de marzo, no Pazo Museo Quiñones de León, e que sirve para situar historicamente ao visitante diante dos feitos.
Un dos moitos elementos que acompañarán á celebración do Bicentenario da Reconquista de Vigo a partir do mes de marzo será a creación dun vídeo no que o personaxe central é Carolo, encarnado polo actor galego Vicente Montoto. A produción deste víde pretende resumir de forma gráfica e directa o desenvolvemento dos acontecementos desde a chegada das tropas napoleónicas á vila de Vigo, até o desenlace que a levaría a lograr o título de "Cidade Fiel, Leal e Valorosa", tras comandar a reconquista de toda Galicia.
Cun formato adaptado ao contexto expositivo (curta duración, estilo sinxelo e directo) alónxase do formato documental para se achegar máis a un vídeo narrativo de tema histórico que implique emocionalmente ao espectador no relato que viviron os seus antepasados, nunha historia non tan lonxan, e na súa propia cidade. Un adianto do video pódese ver no link http://vimeo.com/3285962
Por iso optouse por revivir ao "fantasma" de Carolo. Este personaxe será o encargado de transmitir en primeira persoa cómo puido ter experimentado calquera paisano vigués o feito de se ver de cheo, case da noite á mañá, nun conflito bélico internacional que marcaría as páxinas da historia de Europa.
A exposición "Reconquista: 1809-2009" será a de maiores dimensións das organizadas no Museo de Castrelos na súa historia. Ocupará as dúas plantas do pazo Quiñones de León, ademais das salas do novo anexo. O número total de pezas cedidas para a exposición supera os dous centenares. Armas, uniformes, miniaturas, dioramas, montaxes audiovisuais, documentos... A exposición amosará un amplo catálogo de pezas para narrar a historia da Reconquista de Vigo, no marco das guerras napoleónicas.
A mostra ten confirmadas xa todas as pezas, que inclúen cesións temporais do Museo Naval de Madrid, Museo Militar, Museo Militar Rexional de A Coruña, Arquivo Histórico Nacional, Museo Diocesano de Tui e Biblioteca Británica. Ademais contará con elementos de coleccións privadas como as de Manuel Arenas, Díaz Galeote o The Royal Green Jackets.
Para pechar o deseño da mostra, que organiza a Tenencia de Alcaldía e a Concellería de Cultura, contouse coa colaboración do Ministerio de Defensa, Ministerio de Cultura e o Bispado de Tui-Vigo, entre outras institucións. A entrada a mostra, que se inaugura o 6 de marzo é de balde.