Escoitar

Santi Domínguez asegura que o primeiro Enduro Indoor "ten o espectáculo garantido"

O tenente de alcalde, Santi Domínguez, fixo hoxe un chamamento a todos os vigueses e viguesas para que "non se perdan o grande espectáculo" que o domingo se vai poder presenciar no primeiro Enduro Indoor "Trofeo Turismo de Vigo". Xunto aos pilotos Xacob Agra, Laila Sanz, Gerard Farrés e Xavi Galindo, o concelleiro salientou que vai reunir aos mellores especialistas desta modalidade nun circuito que "ten o espectáculo garantido".

venres, 20 feb 2009
1235138149pilotosenduro.jpg
O porriñes Xacob Agra é o responsable do deseño do circuito que estes días se está acabando de montar no recinto feiral do Ifevi. O piloto sinalou que se está traballando en todos os detalles para que a proba resulte todo un éxito. É a primeira vez que un espectáculo destas características ten lugar en Galiza e está xerando un grande interese.

Laia Sanz, oito veces campiona do mundo de trial feminino, terá en Vigo o seu segundo contacto co enduro. A catalana dixo "estar encantada" de que teñan pensando nela para participar e garantiu que "bou facelo o mellor posible".

Tamén participará Xabi Galindo, campión de España de enduro, quen sinalou o gran nivel dos pilotos que van participar nesta proba. "Creo que se vai poder ver un espectáculo importante", asegurou.

Estará tamén en Vigo Gerar Farrés, piloto do Dakar, que aínda que finalmente non poderá competir por estar aínda recuperándose dunha lesión na man, quixo estar xunto aos seus compañeiros e gozar coa intensidade das probas que encherán de tensión o Ifevi.

O Enduro Indoor comenzará a partir das 16:30 horas e as entradas poden adquirirse a través da taquilla electróncia de Caixanova. Neste primeiro "Trofeo Turismo de Vigo" participarán 26 pilotos, que correrán contra o crono nun circuito chego de obstáculos de grande dificultade.
Descargar todas as imaxes