Escoitar

O alcalde entrega os diplomas ás 400 persoas formadas co programa Vigo Laborando

No marco do Plan Municipal de Emprego 2008-2011, o proxecto Vigo Laborando ven de formar a preto de 400 persoas con 30 cursos e obradoiros que proporcionan ferramentas e mecanismos que faciliten a inserción laboral dos colectivos en risco de inclusión. O alcalde, Abel Caballero, e o edil de Emprego, Santos Héctor, fixeron hoxe venres entrega dos diplomas.

venres, 20 feb 2009
1235138511diplomas1.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o concelleiro de Promoción Económica e Emprego, Santos Héctor, fixeron hoxe venres entrega dos diplomas acreaditativos ás preto de 400 personas formadas no proxecto Vigo Laborando, un dos 14 programas que inclúe o Plan Municipal de Emprego 2008-2011.

Preto de 100 persoas se achegaron ao Salón de Actos do CITIC, no Casco Vello, ao acto de entrega de medallas no que o alcalde e o edil felicitaron aos diplomados polo remate do curso e animáronlles a continuar a súa formación cara a búsqueda dun emprego.

O programa Vigo Laborando ofrece unha treintena de cursos que abranguen desde a iniciación á informática e á ofimática ata o curso de manipulador de alimentos e de atención ao público. O obxectivo do proxecto é facilitar aos demandantes de emprego todas as ferramentas para adquirir, mediante a formación, un emprego de calidade. Para ello tamén se organizaron distintos obradoiros sobre os mecanismos para elaborar un axeitado currículo ou para sair con éxito dunha entrevista de traballo, entre outros.

Tanto o Vigo Laborando como o Plan Municipal de Emprego do que forma parte procuran a inserción laboral dos colectivos en risco de exclusión. O Plan Municipal de Emprego conta con máis de 8 millóns de euros de investimento ata o 2011 e programa 14 proxectos, 8 deles de nova creación. A través do Plan, son xa máis de 300 as persoas que están a traballar na actualidade, tal e como indicou o alcalde, Abel Caballero.
Descargar todas as imaxes