Estamos de Entroido!
A programación do Entroido deste ano trata de recuperar as súas orixes e os sinais de identidades propias da cidade. As actividades iniciaranse o venres, día 20, coa lectura do pregón a cargo de Antón Bouzas e a entronización do Rei e a Raiña do Entroido e rematará o mércores, día 25, co sepelio do Deus Momo, todos eles personaxes rescatados da tradición viguesa.
Santi Domínguez explicou que en todas os lugares nos que estas festas teñen un carácter relevante é porque son singulares, por iso se fixo un labor de investigación para recuperar o xeito de celebrar o Entroido en Vigo noutras épocas. O nacionalista salientou que o obxectivo era "recuperar as nosas raíces" para que a cidade poida ter "por fin un Entroido propio e cun sinal de identidade. Para iso recuperamos elementos singualares e tradicionais da nosa historia".
O concelleiro de Cultura salientou que nas últimas épocas esta celebración non se diferenciaba do que se facía noutros lugares. "Recurríase a elementos moi globalizados e estandarizados, cando Vigo tivo no século XIX un Entroido propio e singular". Xesus López sinalou que a programación fíxose tratando de darlle corpo a esta festividade para que sexa algo máis que unha serie de desfiles ao longo dos días.
Un dos elementos que se ten recuperado é a Comitiva Rexia, unha comparsa que contará con 40 personaxes, que acompañará os actos que se celebren cada día. Tamén se recupera a figura do Deus Momo e do Merdeiro, ademais de incluir de novo aos xigantes e cabezudos e incorporar os primeiros xogos populares do Entroido. O concelleiro explicou que se manterán tamén os habituais desfiles de comparsas e carrozas, concursos de difraces, así como a Festa Faraleira que se xa iniciou o ano pasado.
VERVUM
OS BOLECHAS FESTEXAN O ENTROIDO CONTIGO 24 de febreiro de 2009 18:00h.
Os Bolechas saen a festexar o Entroido para presentarnos as súas novas aventuras recollidas nun
libro de autocolantes, no que os mái s pequenos poderán xogar a disfrazar aos distintos membros desta xenial familia cos deseños que os nenos/as de distintos colexios de Vigo fixeron para eles.
Por primeira vez poderán estar en persoa con Pili,Loli,Braulio, Sonia, Carlos, Tatá e como non, con Chispa para xogar, debuxar con eles ou facer se fotos cos seus personaxes favoritos nunha festa de Entroido na que tampouco faltará Pepe Carreiro,creador destes simpáticos irmáns .
Cada neno/a recibirá un exemplar de O Entroido, de Os Bolechas , asinado e dedicado por Pepe Carreiro.
Entrada libre ata completar aforo
MARCO
Dentro do programa xenérico que leva por título ‘7+1’ —actividades para escolares e familias en torno á exposición ‘7+1 PROJECT ROOMS’— o departamento educativo do MARCO ten preparado tres obradoiros especiais coincidindo con esta fin de semana de celebración do Entroido.
En febreiro de 2008, o artista Thomas Hirschhorn visitou a cidade de Vigo buscando ideas para o seu proxecto dentro da exposición ‘7+1 PROJECT ROOMS’. As festas de Entroido, especialmente as carrozas e comparsas que percorrían as rúas, inspiráronlle e foron a base da súa obra ‘Equality Float’, unha xigantesca ‘Carroza da Igualdade’ que ocupa unha das galerías da planta baixa do museo, convertendo a sala no obradoiro de produción e lugar de exhibición da peza.
O venres 20, sábado 21 e domingo 22 celebramos o Entroido no museo convertendo o noso ‘Laboratorio das Artes’ —o espazo de didáctica do 1º andar— nun auténtico obradoiro de carrozas, onde cada día os participantes traballarán colectivamente. Ademais crearemos os caramelos xigantes ‘(7 +1)’ e mini-carrozas que cada un poderá levar como recordo da exposición e da obra deste artista.
VIGOZOO
Vigozoo desenvolverá os días 21, 22, 23 e 24 de febreiro o programa "Entroido en Vigozoo" para todos aqueles visitantes que acudan disfrazados independentemente da súa idade. Para levar a cabo dito programa, Vigozoo preparou actividades enfocadas para os máis pequenos na que os maiores tamén poden disfrutar e participar.
As persoas participantes ao chegar o lugar das actividades serán fotografados (os menores de idade co consentimento do seu titor/a); as imaxes pasarán a formar parte do fondo fotográfico de Vigozoo; pudendo ser publicadas con posterioridade na propia páxina web corporativa e/ou enviadas aos medios de comunicación.
As actividades nesta ocasión consistirán nun ciclo de cine documental infantil e no Naturolab, co seguinte horario:
11:00 Réptiles: As serpes.
11:30 Naturolab.
12:00 Aves: Os pingüíns.
12:30 Naturolab.
13:00 Mamíferos: Os Elefantes.
Movemento Veciñal
O movemento veciñal de Vigo, en colaboración coa Tenencia de Alcaldía e coa Concellería de Cultura, vai desenvolver unha intensa programación de Entroido en todos os barrios e parroquias dentro do programa MoveVigo. Ata o vindeiro 10 de marzo as asociacións veciñais da cidade organizan 39 actividades que complementan a oferta do Concello.
Os cativos serán os protagonistas do Entroido veciñal. Eles e toda a familia están convidados ás 16 festas infantís nas que haberá bailes e desfiles de disfraces, teatro, actuacións, música, animación infantil e ata concursos de disfraces. Os maiores tamén están convidados a disfrazarse e pasalo en grande en calquera dos bailes de entroido que organizarán as asociacións veciñais do Casco Vello, Monte da Mina de Castrelos, Valadares, Agarimo de San Xoán Poulo, Cabral e Beade. Como novidade do MoveVigo de Entroido, comparsas e pasarrúas sairán a animar os barrios ata en tres ocasión. Será en Alcabre, no Casco Vello e na Travesía de Vigo.
13:30 Naturolab.
16:00 Mamíferos: Os lobos.
16:30 Naturolab.
17:00 Insectos: As abellas.
17:30 Naturolab.
18:00 Mamíferos: Os Golfiños.
18:30 Naturolab.
Descargar todas as imaxes