A Corporación adopta por unanimidade medidas por mor do Día Internacional da Muller
Co gallo do próximo 8 de marzo, Día Internacional da Muller, o Pleno da Corporación Municipal, a iniciativa de sendas mocións presentadas polo PsdeG e o BNG, aprobou este luns por unanimidade a adopción de acordos en materia de conquerir a igualdade real e efectiva entre os homes e as mulleres.
O Pleno da Corporación Municipal de Vigo aprobou este luns por unanimidade sendas mocións presentadas polos grupos do PSdeG e o BNG para a adopción de acordos co gallo do Día Internacional da Muller, que se celebra o 8 de marzo.
A moción aprobada propuxo a adopción de distintos acordos: a asunción por parte da Corporación Muncipal de que as políticas de iguldade do goberno municipal teñen carácter transversal e se deben implicar nelas todas as áreas; e o compromiso para a preservación do emprego feminino e no traballo contra a feminización da pobreza a través do establecemento de medidas de contratación específicas para as mulleres.
Tamén se acordou promover activamente o asociacionismo feminino e a participación das mulleres na vida política e social sen esquecer o colectivo de inmigrantes; e garantir que todas as organizacións que reciban subsisdios do Concello adopten prácticas non discriminatorias e o recollan explícitamente nos seus documentos legais.
Igualmente insta a valorar e primar que as organizacións, empresas ou entidades que reciban financiamento público a través das contratas ou servizos adopten prácticas non discriminatorias e estas se recoñezan a través dun plan de igualdade específico, amén de facer pública a adopción deste criterio.
O Pleno ademáis acordou dotarse desde o Concello dos servizos públicos que atendan ao traballo do coidado que as mulleres realizan de modo gratuito e que favorezan outras opcións para a vida persoal das mulleres; e asemade deseñar políticas de corresponsabilidade para implicar aos homes nas tarefas de coidado.
Por último, a moción insta a deseñar medidas dirixidas a paliar o desemprego feminino a través de plans de formación dirixidos ás mulleres qeu lles permitan recuperar o emprego, en caso de estar desempregadas, ou reformular a súa actividade profesional a través de información das medidas creadas desde o goberno galego, ademais de expor e dar a publidade necesaria para chegar a información as mulleres, tamén do rural.