O Pleno esixe a Zona Franca que entregue as instalacións deportivas da ETEA en perfecto estado de uso
A moción, presentada polo grupo municipal do PP, contou co respaldo do goberno local. Ademáis, o Pleno da Corporación aprobou por unanimidade a definición da situación urbanística da parcela na que opera a empresa Alfageme, así como incrementar as dotacións orzamentarias para o mantemento das instalacións dos centros educativos.
Tras un largo debate, o Pleno da Corporación viguesa acordou este luns, en sesión ordinaria e por unanimidade, esixir á Zona Franca de Vigo que a entregue as instalacións deportivas da ETEA ao Concello en perfecto estado de uso.
A Corporación Municipal aprobou no mesmo texto instar ao goberno municipal a aclarar os contidos do convenio asinado polo Pleno de Zona Franca, xa que nas súas distintas versións, non explicita o estado no que o Concello recepciona as instalacións deportivas que lle corresponden segundo o acordo acadado entre a Zona Franca de Vigo, o Concello e a Xunta de Galicia.
Por outra banda, o Pleno tamén acordou por unanimidade instar ao goberno local a que realice todas as xestións administrativas oportunas co gallo de que se defina a situación urbanística da parcela na que está localizada a empresa conserveira Alfageme. Segundo a moción presentada polo PP, nos últimos días xurdíu na cidade un debate sobre a situación urbanística da parcela así como das consecuencias que podería levar aparellada.
Outros acordos adoptados por unanimidade na sesión plenaria deste xoves foi instar ao incremento de dotacións orzamentarias para o mantemento das instalacións dos centros educativos e axudas as familias viguesas; solicitar o arranxo do contorno do novo centro cultural e pavillón polideportivo de Valladares; e a elaboración dun plan inmediato para a recuperación e acondicionamento da parcela próxima ao parque da Seara.