mércores, 18 ago 2010
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, destacou este mércores o "tremendo éxito" de todas as actividades que se desenvolveron con motivo das Festas de Verán de Vigo 2010. No balance da participación nos espectáculos programados, o nacionalista salientou que máis de 350.000 persoas tiveron a oportunidade de disfrutar dunha ampla programación, que incluíu concertos no auditorio de Castrelos, actuacións no Casco Vello e actividades infantís.
luns, 12 xul 2010
A cantante estadounidense Norah Jones será a responsable de inaugurar o mércores 14 de xullo (22:30 horas) o programa de concertos das Festas de Verán no remodelado auditorio de Castrelos. Hoxe tivo lugar o acto de presentación do concerto de Norah Jones, no que participaron o concelleiro de Cultura e Animación Sociocultural, Xesus López, e o responsable da promotora Sweet Nocturna, David Lago "Tibe".
luns, 15 feb 2010
O Entroido 2010 encara a recta final durante a xornada do martes en diferentes convocatorias nas rúas de Vigo donde estarán presentes outra vez as animacións co rei, raíña, ante da súa queima, e deus Momo, ademáis dos concursos de disfraces e charangas, todo elo como actos previos ao sepelio despedida que se desenvolverá o mércores dentro do derradeiro día do entroido vigués deste ano.
martes, 5 xan 2010
As Súas Maxestades Os Reis Magos chegaron hoxe pola mañá a Vigo e adicaron as súas primeiras horas na cidade a visitar aos nenos e nenas viguesas que están nos hospitais. Tamén acudiron ao asilo dos Ancionaos Desamparados e ao Centro de Emerxencia de Mulleres. No seu percorrido fixeron un alto na Praza do Rei para participar na festa infantil, onde recolleron as últimas peticións dos máis cativos e recuperaron forzas cunha chocolatada.
martes, 22 dec 2009
A Concellería de Festas e Animación Sociocultural realizou o sorteo dos nenos e nenas que acompañarán os Reis Magos na Cabalgata do 5 de xaneiro. Ademais dos 40 rapaces seleccionados, hai 12 suplentes para cubrir posibles baixas ou renuncias.
xoves, 10 dec 2009
Xa está aberto o prazo para inscribirse no concurso Vente cos Reis Magos , que permitirá a 40 nenos e nenas acompañar os Reis Magos durante a Cabalgata 2010. O prazo rematará o día 18 de decembro ás 20.00 horas.
luns, 7 set 2009
Comunícaselles ás persoas interesadas que o prazo para a presentación de solicitudes de inscrición na escola Municipal de Danza para o curso 2008-09 será dende o 14 ao 30 de setembro. Os prezos da matrícula polo curso completo son 20 euros (alumnados de 4 a 7 anos), 26 euros (restantes curso de danza) e 14 euros (percusión).
luns, 10 ago 2009
Fuxan os Ventos regresa ao auditorio de Castrelos, 21 anos despois da súa última actuación, co espectáculo "Terra de soños", no que presentan actualizada a discografía de sempre do grupo. Así o explicaron na presentación do concerto, que terá lugar o mércores 12 (23:00 horas) no auditorio de Castrelos, o concelleiro de Cultura, Xesus López, e Tereixa Novo, unha das integrantes do grupo.
xoves, 30 xul 2009
O alcalde, Abel Caballero, e o director da delegación de Galicia de Aqualia, José Luis García Ibañez, rubricaron este xoves un convenio polo que a entidade de xestión do auga aporta 100.000 euros principalmente para as celebracións das Festas de Vigo, e tamén para outros fins sociais a determinar. O alcalde definiu a Aqualia como "bos cooperantes coa cidade".
venres, 24 xul 2009
O Festiclown 2009, que se desenvolverá en Vigo entre os días 27 de xullo e o 1 de agosto, inundará as rúas, prazas e teatros de espectáculo, festa, formación e grandísimos profesionais do mundo do clown. Máis de 150 actuacións en diferentes espazos da cidade (Praza da Constitución, Príncipe, Zona peonil do Calvario, Montero Ríos, Centro Cultural Caixanova...), é a programación coa que se pretende dar cabida a todos os públicos, grandes e pequenos.