Escoitar

O entroido encara a recta final en prazas e rúas de Vigo

O Entroido 2010 encara a recta final durante a xornada do martes en diferentes convocatorias nas rúas de Vigo donde estarán presentes outra vez as animacións co rei, raíña, ante da súa queima, e deus Momo, ademáis dos concursos de disfraces e charangas, todo elo como actos previos ao sepelio despedida que se desenvolverá o mércores dentro do derradeiro día do entroido vigués deste ano.

luns, 15 feb 2010
1266240008entroi1.jpg
A xornada do martes abrése a partir das 17.45 horas na Praza da Constitución coa concentración da comitiva rexia e animación de rúa que particiará desde o citado lugar para facer un percorrido por Gamboa, Victoria e Plaza de Compostela. Neste lugar, as seis de tarde, está previsto o acto rexio de homenaxe e bicamáns ao deus Momo, quen protagonizará o seu esvaecemento y posterior agonía.

Tamén na Praza de Compostela será, entre 18.15 e 20 horas, o concurso de disfraces, no que estará aberto o horario de inscrición entre as cinco e ás seis da tarde. O concurso de charangas está convocado ás 20 horas na Praza da Constitutución. Como ven sendo habitual, dentro do programa festeiro do Entroido 2010, hoxe tamén haberá saídas dos Merdeiros polas rúas e prazas do casco vello.

A xornada do martes continuará na Porta do Sol donde haberá unha verbena desde as dez e media da noite ás 2 da madrugada. A festa estará animada polas orquestras Charlestón e Miramar. No memo lugar, ás doce da noite, procederase ao anuncio do falecemento do deus Momo e lectura do testamento a prol do seu fillo Momiño, así como o xuizo, sentenza e queima do rei e raíña do Entroido 2010.
Descargar todas as imaxes