Escoitar
Anuncios e Bandos

Plan de tráfico elaborado con motivo do Entroido 2010

Con motivo dos actos que se van realizar na celebración do Entroido, que afectarán principalmente a zona da praza de Compostela, Areal e contorno de Rosalía de Castro, levarase a cabo o seguinte dispositivo de regulación e corte de tráfico:

venres, 12 feb 2010
Sábado 13 de febreiro:

COMPARSAS.- A partir das 18:00 horas quedará cortada ao tráfico a rúa Areal entre a rúa Oporto e a rúa Isaac Peral.

A partir das 18:30 horas cortarase o tráfico que acceda ás rúas Rosalía de Castro, Colón (entre Areal e García Barbón), contorno da Praza de Compostela, Concepción Arenal e Cánovas del Castillo (dende a Rotonda Cánovas) e Montero Ríos.

Os cortes levaranse a cabo nas seguintes rúas: Serafín Avendaño, desde García Barbón; Canceleiro e Oporto desde Areal; República Arxentina desde García Barbón; Marqués de Valladares desde Reconquista; Velázquez Moreno desde Policarpo Sanz.

Así mesmo, no momento do paso das comparsas cortaranse as saídas do Túnel de Beiramar á Rotonda da "Paelleira".

Córtase o acceso a Montero Ríos contorno da Praza de Compostela desde a Rotonda de Cánovas del Castillo.

Non se permitirá o estacionamento de vehículos nas rúas Areal (entre Oporto e Isaac Peral), Serafín Avendaño entre Areal e Rosalía de Castro, Rosalía de Castro na súa totalidade.

VERBENA.- A celebrar na Porta do Sol. Cortarase a rúa Doutor Cadaval desde López de Neira ás 20:30 horas. Así como a rúa Policarpo Sanz desde o cruce de Colón e o Paseo de Afonso XII, permitíndose unicamente o paso do transporte público. Ás 22:00 horas péchase definitivamente o tráfico.

Domingo 14 de febreiro:

ENTROIDO INFANTIL.- Lugar: Praza de Compostela. Cortarase o acceso á mesma, a partir das 17:00 horas, desde a rúa Victoria - Carral, Velázquez Moreno - Marqués de Valladares e desde o Cruce Colón - Areal.

Martes 16 de febreiro:

CONCURSO DE DISFRACES.- Lugar: Praza de Compostela. O mesmo corte e horario que o domingo día 22.

VERBENA.- O mesmo corte e horarios que o sábado para a "Verbena".

Mércores 17 de febreiro:

EXEQUIAS FUNERARIAS SOLEMNES DAS COMPARSAS.- Mesmo percorrido que o do sábado. Horario de cortes: a partir das 19:00 horas.

Á parte do referido, en diversos momentos dos días de celebración realizaranse cortes de tráfico puntuais para permitir o paso da animación de rúa que acompaña á celebración.


O Alcalde,
Abel Caballero Alvarez