venres, 12 febreiro 2010

O tráfico e o aparcamento no Casco Vello quedará restrinxido a residentes desde o vindeiro luns

O concelleiro de Transporte e Mobilidade, Xulio Calviño, presentou este venres a nova regulación no Casco Vello, que permite un máximo de 20 km/h para os vehículos autorizados e limita o estacionamento. Seis bolardos regulan o acceso exclusivo dos residentes, ademais das emerxencias e da carga e descarga, e os residentes contarán coas mesmas prazas de estacionamento que as existentes anteriormente, ubicadas agora en Poboadores, Chao, San Francisco, Cánovas del Castillo e o Berbés.

María Méndez di que o dispositivo de emerxencia, que tivo nun mes 972 pernoctacións, está ao máximo de capacidade

venres, 12 feb 2010

A concelleira de Benestar Social, María Méndez, fixo balancs este venres do funcionamento do dispositivo de emerxencia posto en marcha no pavillón do Berbés o 23 de decembro. Afirmou que dende esa data e hasta o 31 de xaneiro, este dispositivo atendeu a 104 persoas distintas, que realizaron un total de 972 pernoctacións. A nacionalista explicou que na actualidade está xa ao máximo da súa capacidade, dando acollida a un máximo de 35 persoas.

O alcalde insta á dirección de Alcampo a resolver "o antes posible" o seu conflicto cos anteriores traballadores de limpeza

venres, 12 feb 2010

Abel Caballero entrevistouse hoxe co director rexional do hipermercado, Daniel Rodríguez, e cos responsables dos centros de Coia e da Avda de Madrid, quenes indicaron ao rexedor as renovacións que van executar nos seus dous establecementos. O alcalde incidiu na "situación laboral complicada" na que se atopan os anteriores traballadores de limpeza do Alcampo e urxíu á dirección a solventar o conflicto "o antes posible".

O desfile de comparsas e carrozas anima este fin de semana o Entroido

venres, 12 feb 2010

O Entroido 2010 sae con todo o seu colorido e animación este fin de semana ás rúas de Vigo, donde se desenvolverán algunhas das actividades máis participativas do calendario carnavaleiro na cidade, entre outras o desfile de comparsas e carrozas, durante a xornada do sábado a partir das sete da tarde. As convocatorias abertas aos máis pequenos, charangas, concurso de coplas e serán están previstas para a tarde do domingo.

Entroido en Vigozoo

venres, 12 feb 2010

Vigozoo desenvolverá os días 13, 14, 15, 16 e 17 de febreiro o Programa "Entroido en Vigozoo" que constará dunha serie de obradoiros educativos a cargo dos monitores do Departamento de Educación Ambiental.

"Vicus x Haití" exposición na Casa das Artes

venres, 12 feb 2010

A planta baixa das Casa das Artes acolle do 13 de febreriro ó 7 de marzo a exposición "Vicus x Haiti".A iniciativa dun grupo de artistas de Vigo, o Concello de Vigo puxo en marcha, unha exposición con obras de cento corenta e cinco creadores plásticos (pintores, escultores, fotógrafos, ilustradores, etc) como testemuño de solidariedade. A intención primordial é recadar o maior número de fondos posibles con destino a "URXENCIA EN HAITÍ" de UNICEF, organismo internacional de axuda á infancia.

Zamáns convértese en escenario dunha andaina solidaria con Haití

venres, 12 feb 2010

Zamáns será escenario este sábado dunha andaina solidaria cos damnificados polo terremoto de Haíti que ofrece un percorrido de 15 kilómetros pola parroquia e polo monte Galiñeiro. A actividade dará comezo ás dez e media da maná na praza da Iglesia de Zamáns e terá unha duración aproximada de tres horas.