martes, 9 febreiro 2010

A Fundación Vigo Convention Bureau refórzase coa sinatura de convenios con Ahosvi e Agarimo para potenciar o turismo

A Fundación Vigo Convention Bureau abre as súas portas ás entidades privadas coa sinatura hoxe dos convenios de colaboración coa Asociación Agarimo de Turismo Rural do sur da provincia de Pontevedra e a Asociación de Hosteleiros de Vigo, Ahosvi. Segundo afirmou o tenente de alcalde e presidente do comité executivo da Fundación Vigo Convention Bureau, Santi Domínguez, esta sinatura ten o obxectivo de potenciar o sector turístico da cidade.

Santi Domínguez destaca que a mostra "Xoias da Colección Álvarez" inicia a recuperación do patrimonio industrial de Vigo

martes, 9 feb 2010

O tenente de alcalde, Santi Domínguez, presentou este martes a exposición "Xoias da Colección Álvarez: Esplendor cerámico de Vigo", que do 18 de febreiro ao 18 de abril se poderá visitar na Casa das Artes. A mostra intégrana 180 pezas datadas dende a década dos 40 ata o 2001, e supón, segundo subliñou, "un primeiro paso no obxectivo de recuperar o patrimonio industrial e artístico de Vigo".