Escoitar
Anuncio Xerencia de Urbanismo

Aprobación inicial de Bases e Estatutos APR A-4-76 Seara

A Xunta de Goberno Local do 4 de decembro de 2009 acordou aprobar inicialmente o Proxecto de Estatutos e Bases de Actuación da Xunta de Compensación do ámbito de planeamento remitido con ordenación detallada "APR A-4-76 SEARA" do PXOM de Vigo, de acordo coa documentación presentada en datas 17.06.2009 e 21.09.2009 polos representantes legais das mercantís "VialPark, S.L.", "Gestiones Urbanísticas y de Negocios, S.L.", "Servicios Marsero Galicia, S.L." e "Bouza Alta, S.L." e cos informes técnicos que constan no Exp. nº 4934/401 da Oficina de Planeamento – Xestión da XMU.

luns, 8 feb 2010
Sométese o presente expediente ó trámite de información pública polo prazo DE VINTE DIAS mediante publicación no Boletín oficial da provincia de Pontevedra e nun dos xornais de maior difusión da provincia, con notificación simultánea e individualizada do contido íntegro deste acordo ós propietarios e titulares de dereitos de contido patrimonial no ámbito, para que poidan formular as alegacións que estimen oportunas e, de ser o caso, soliciten a súa incorporación ó proceso.

O prazo de exposición pública entenderase aberto dende a primeira publicación ata o remate dos vinte días contado dende o derradeiro anuncio.

A documentación do presente expediente atópase ao dispor do público en xeral na oficina de Información Urbanística, na planta baixa da Xerencia.

O presente anuncio servirá de notificación, nos termos establecidos nos artigos 59.4 da Lei 30/1992 de 26 de novembro de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999 de 13 de xaneiro, para todos e todas aqueles/as interesados/as directamente afectados/as que por resultar descoñecidos/as ou por ignorar o seu domicilio non poidan ser notificados/as persoalmente.