O alcalde subliña o "esforzo" municipal nos parques infantís, nos que investirase 6 millóns en 2010
Abel Caballero inaugurou este venres o renovado parque de Maruja Mallo, con 80.000 euros de investimento, zona axardinada e novos xogos na zona infantil. O rexedor cifrou en 6 millóns de euros a cantidade que destinará o Concello aos parques infantís en 2010, entre os orzamentos municipais e a achega do Goberno de España. O obxectivo de Caballero pasa por atender a demanda cidadá de facer de Vigo unha "cidade para os pequenos".
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, salientou este venres na inauguración do reformado parque de Maruja Mallo o "esforzo" que está a realizar o Concello nos parques infantís, aos que destinará este ano 6 millóns de euros.
Abel Caballero indicou que a ampliación e mellora dos espazos para os máis novos é unha demanda da cidadanía viguesa, e o Concello está a realizar un "esforzo" para facer de Vigo "unha cidade para os pequenos". O alcalde cifrou en 10 millóns de euros o investimento total deste goberno local no actual mandato. A este respecto, "todas as demandas que recibimos foron ou van ser atendidas", concluiu Caballero.
Ata o momento, segundo apuntou o alcalde socialista, xa se construiron ou foron renovados un total de 50 parques infantís, cifra que será incrementada en 2010 cos 4,5 millóns de euros destinados aos efectos polo Concello máis 1,5 millóns de fondos procedentes do Plan E do Goberno de España.
Nesta materia, o alcalde anunciou para finais de 2010 ou inicios do vindeiro ano unha "zona cun gran parque infantil", que cualificou de "modélico e que vai chamar a atención de toda Galicia".
Maruja Mallo
O alcalde inaugurou hoxe venres este reformado parque, xa completado despois dunha execución en dúas fases. Nesta última etapa, o investimento na remodelación sumou 80.000 euros.
Segundo asegurou Caballero, a ampliación do parque infantil con novos xogos e o axardinamento da zona realizados foron demandados pola veciñanza do Calvario, ao que o Concello engadíu unha pérgola e arborado para dar sombra sobre á praza.
O primeiro edil socialista resaltou que este parque é un "modelo" da actuación municipal neste campo, e apuntou a necesaria mellora de Maruja Mallo, que ten unha "enorme afluencia" de xente.
Descargar todas as imaxes