mércores, 3 febreiro 2010

O alcalde subliña o "importante esforzo inverstidor" do orzamento municipal de 2010, que ascende a 246 millóns

Despois da súa aprobación onte martes polo goberno local, Abel Caballero destacou hoxe do orzamento do Concello para 2010 os 16 millóns de euros destinados ao departamento de Vías e Obras para humanizacións maioritariamente, os máis de 4 millóns de euros para Parques e Xardíns e os máis de 3 millóns para xeración de emprego. O alcalde tamén subliñou o incremento de case un 13% con respecto a 2009 no gasto social.

Iolanda Veloso salienta que a revista Festa da Palabra Silenciada cumpre 25 anos como foro en galego e plural

mércores, 3 feb 2010

A concelleira de Igualdade e Normalización Lingüística, Iolanda Veloso, presentou este mércores a nova edición da revista Festa da Palabra Silenciada, que celebra o seu 25 aniversario. Acompañada pola directora da publicación, María Xosé Queizán, a edil nacionalista subliñou que se trata dun foro "completamente editado en galego" e culturalmente plural no que se da voz ás persoas que investigan, en particular sobre feminismo.