xoves, 4 febreiro 2010

Xabier Alonso felicita ao iudoka vigués Miguel Romero polo seu título de campión de España

O concelleiro de Deportes, Xabier Alonso, expresou hoxe os seus parabéns ao iudoka vigués Miguel Romero, polo seu título de campión de España de menos de 73 kilos. En "recoñecemento ao seu esforzo e traballo", o edil nacionalista entregoulle un exemplar do libro "Vigo cidade das ondas" no trancurso dunha recepción na Concellería de Deportes, na que tamén participou o presidente da Federación Galega de Iudo, Mario Muzas.

O Verbum acolle a exposición "Unha viaxe con Ramón Cabanillas a través da Fotografía"

xoves, 4 feb 2010

Do 4 de febreiro ao 21 de marzo o Verbum amosa a mostra "Unha viaxe con Ramón Cabanillas a través da Fotografía".Co gallo da celebración no 2009 do Ano Cabanillas foron varias as iniciativas para recuperar a memoria deste insigne autor das nosas Letras. Desde o museo Verbum decidiuse programar unha exposición que dese unha visión íntima e persoal sobre o traballo do autor, que achegara ao<br /> Ramón Cabanillas máis íntimo a través da escolma de trinta e tres traballos realizados por once fotógrafos galegos actuais baseados na obra de Cabanillas, presente tamén na exposición.