luns, 8 febreiro 2010

O alcalde afirma que o vindeiro curso escolar abrirán catro novas garderías municipais en Vigo

Despois da Xunta de Goberno Local, Abel Caballero informou de que para o próximo curso 2010-2011, Vigo contará con catro novas escolas infantís na cidade, duplicando a oferta actual. Tres delas xa teñen ubicación -en Castrelos, en Bouzas e en Tomás Alonso- e a cuarta será anunciada próximamente. O goberno local deu este luns o visto bo á desafectación do local de Casiano Martínez para realizar obras de adaptación a gardería.

Máis de 1.500 persoas visitaron o xacemento de O Castro no primeiro fin de semana da súa apertura

luns, 8 feb 2010

Máis de 1.500 persoas visitaron este fin de semana o xacemento de O Castro, nos dous primeiros días tras a súa inauguración e apertura. O concelleiro de Patrimonio Histórico, Eudosio Álvarez, salientou a "boa acollida" por parte do público, superando as previsións de visitantes que se tiñan para os primeiros días. Os momentos de maior afluencia foron polas tardes, sobre todo, o domingo, onde foi preciso ampliar o número de persoas que realizaban as visitas guiadas.

Abel Caballero reclama un hospital público "referencial" para Vigo, con "dimensión e capacidade"

luns, 8 feb 2010

O alcalde mantivo este luns unha reunión co Comité de Empresa dos hospitais Xeral e Meixoeiro sobre o novo hospital de Vigo. Caballero amosou a súa "simpatía e cercanía absoluta" aos traballadores que están a defender a "calidade" da sanidade viguesa. O rexedor reclamou á Xunta un "hospital público de financiamento público" que garanta a "calidade sanitaria" da área viguesa. <br />

A Casa da Cultura abre a exposición fotográfica Luz verde, de Román Pereiro

luns, 8 feb 2010

A Casa Galega da Cultura, na praza da Princesa 2, será escenario na xornada do martes, a partir das 20 horas do acto de apertura da exposición fotográfica titulada "Luz verde", do vigués Román Pereiro Alonso, que sitúa ás imaxes dentro do ámbito das derradeiras correntes da fotografía nas que hai un acercamento cara outros eidos artísticos. A mostra permanecerá en cartel ata o próximo 28 de febreiro.

Anuncio Xerencia de Urbanismo

Aprobación inicial de Bases e Estatutos APR A-4-76 Seara

luns, 8 feb 2010

A Xunta de Goberno Local do 4 de decembro de 2009 acordou aprobar inicialmente o Proxecto de Estatutos e Bases de Actuación da Xunta de Compensación do ámbito de planeamento remitido con ordenación detallada "APR A-4-76 SEARA" do PXOM de Vigo, de acordo coa documentación presentada en datas 17.06.2009 e 21.09.2009 polos representantes legais das mercantís "VialPark, S.L.", "Gestiones Urbanísticas y de Negocios, S.L.", "Servicios Marsero Galicia, S.L." e "Bouza Alta, S.L." e cos informes técnicos que constan no Exp. nº 4934/401 da Oficina de Planeamento – Xestión da XMU.