mércores, 10 febreiro 2010

O alcalde inaugura as humanizacións das rúas Sevilla e Barcelona

Abel Caballero, xunto con varios concelleiros municipais, acudiron este mércores ao entorno de POVISA para inaugurar as reformadas rúas de Barcelona e Sevilla. Ambas rúas foron humanizadas cos mesmos estándares de calidade que o resto, renovado o saneamento e o abastecemento, con beirarrúas de granito e distintos elementos de xardinería. A humanización do entorno de POVISA suma 8,5 millóns de investimento.

O Entroido 2010 preséntase moi participativo e consolida aos persoeiros vigueses

mércores, 10 feb 2010

Participativo, trouleiro, musical e urbanita, pero ser perder a súa identidade, son algúns dos calificativos que se atopan no momento de definir o programa do Entroido de 2010 en Vigo, un evento que, desde o 12 ao 17 de febreiro está encamiñado a encher as rúas da ledicia que representan disfraces, charangas, pasarrúas e persoeiros propios da celebración de don Carnal, cuxo programa foi presentado hoxe mércores polo concelleiro de Cultura, Xesús López, quen estivo acompañado, entre outras personas, do pregoeiro deste ano, o actor Antonio Durán "Morris".

Cursos gratuítos da Concellería de Xuventude

mércores, 10 feb 2010

A concellería de Xuventude organiza varios cursos gratuítos para a mocidade de Vigo cos seguintes enunciados e contidos: curso preparatorio do Celga 4; curso de formación de mediadores en prevención de drogodependencias; charla informativa sobre o programa europeo de Xuventude en Acción e cursos de informática para mozos/as desempregados/as.

Anuncio de Mobilidade e Seguridade

Peche ao tráfico das rúas Simancas e Covadonga

mércores, 10 feb 2010

Ponse en coñecemento do público en xeral que por mor das obras de canalización de gas, a realizar <br /> pola empresa GAS GALICIA, estarán pechadas ao tráfico as rúas SIMANCAS, treito entre Cruceiro <br /> Vello e Beiramar, e COVADONGA, treito entre Alfredo Brañas, con acceso exclusivo para garaxes, <br /> dende o xoves 11 de febreiro de 2010 ás 10:00 horas e por un período aproximado dunha semana.