xoves, 18 febreiro 2010

O tenente de alcalde convida á cidadanía a visitar "Xoias da Colección Álvarez" para coñecer a riqueza patrimonial de Vigo <br />

O tenente de alcalde, Santi Domínguez, participou este xoves nunha visita guiada á exposición "Xoias da Colección Álvarez: Esplendor cerámico de Vigo", que se inaugura hoxe na Casa das Artes, e afirmou que a mostra é un exemplo máis da riqueza cultural e patrimonial de Vigo. No transcurso do percorrido, no que tamén participaron os concelleiros de Patrimonio Histórico, Eudosio Álvarez, Cultura, Xesus López, e Deportes, Xabier Alonso, o tenente de alcalde convidou á cidadanía a visitar a exposición, xa que é unha oportunidade única para "coñecer unha parte fundamental do noso patrimonio industrial".

O Consello de Urbanismo aproba a proposta de suspensión de licenzas en Finca do Conde

xoves, 18 feb 2010

O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo aprobou hoxe a proposta de acordo de suspensión de licenzas en Finca do Conde, polo que dito ámbito sufrirá unha modificación puntual do Plan Xeral de Ordenación Urbanística de Vigo, segundo anunciou o concelleiro de Urbanismo e Vivenda, José Manuel Mariño Mendoza, quen engadiu que, unha vez aprobada en pleno a proposta, haberá que concretar a medida que se levará a cabo en dito ámbito, "donde se busca a legalidade urbanística para non incurrir nunha irresponsabilidade e novos problemas e sentenzas".