martes, 16 febreiro 2010

Unha exposición no Verbum recorda os 25 anos da Policía Local de Vigo

Desde hoxe ata o 2 de marzo queda aberta ao público a exposición conmemorativa do 25 aniversario da creación das diferentes seccións da Policía Local de Vigo que contribuiron a modernización e eficiencia do citado corpo. O alcalde Abel Caballero participou este martes na inauguración da referida mostra que se atopa nas dependencias do Verbum-Casa das Palabras (Avenida de Samil, 17).

Santi Domínguez presenta 'Galegas. Retratos da igualdade' para visibilizar a aportación das mulleres á sociedade

martes, 16 feb 2010

O tenente de alcalde, Santi Domínguez, e a concelleira de Igualdade, Iolanda Veloso, presentaron a obra "Galegas. Retratos de igualdade", que segundo salientou o tenente de alcalde fai visible o papel das mulleres nos diferentes sectores da sociedade. A obra pon rostro a doce mulleres, entre as que se atopan unha xefa de obra, unha patrona dunha cofradia e unha empresaria do turismo do viño, a través dos textos de Carmen Sampedro e as imaxes de Anxo Cabada.

O sepelio do deus Momo despide o Entroido 2010

martes, 16 feb 2010

Responsos, sermóns e cantos solemenes, dentro dos oficios laicos que se desenvolverán na Estación marítima de Ría, a partir das 20.30 horas do mércores, van a servir para despedir o Entroido 2010 en Vigo, unha celebración que desde o 12 de febreiro estimulou a participación cidadá no popular festexo e tamén a recuperación dalgúns elementos representativos do espirítu carnavaleiro implícito en vellas tradicións que estiveron presentes nas rúas e prazas do casco vello vigués.

Anuncio de Mobilidade,Transportes e Seguridade

Peche ao tráfico da rúa Cambeses

martes, 16 feb 2010

Ponse en coñecemento do público en xeral que por mor das obras de canalización de gas, a realizar <br /> pola empresa GAS GALICIA, estará pechada ao tráfico a rúa CAMBESES e PEPECASTRO, con acceso exclusivo para garaxes, dende o mércores 17 de febreiro de 2010 ás 10:00 horas e por un período aproximado de duas semanas.