venres, 11 xul 2014
O alcalde agarda que os gobernos autonómico e central incorporen nas súas licitacións na cidade cláusulas como as do Concello, para garantir o cumprimento das condicions laborais, de calidade no emprego e para conseguir contratar a máis traballadores eliminando as horas extra.
xoves, 10 xul 2014
O alcalde visitou este xoves no Parque Central ao persoal contratado a través do programa municipal VigoEmprega, unha iniciativa de emprego na que o Concello inviste case 700.000 euros. Os 100 profesionais reciben formación e traballan na cidade, como en mellora de beirarrúas, obras en instalacións municipais ou limpeza de viais, entre outras.
venres, 4 xul 2014
O alcalde amosou hoxe "a súa satisfacción" ao anunciar a creación de centos de postos de traballo a través da subvención de 800.000 euros que se distribuirá entre entidades sen ánimo de lucro. Na Xunta de Goberno local tamén se aprobou o proxecto de humanización da rúa Ronda don Bosco.
luns, 16 xuñ 2014
Os días 25 e 26 de setembro celebrarase no Centro Social Novacaixagalicia baixo o lema "Talento en Rede". Trátase dun congreso configurado como lugar de debate e intercambio de experiencias para emprendedores e empresarios novos. O alcalde, Abel Caballero, asegurou que "en Vigo funcionamos no mundo da globalización" e eloxiou a organización desta proposta internacional.
venres, 13 xuñ 2014
O alcalde informou este venres deste acordo, adoptado na Xunta de Goberno Local, que fai posible a contratación de 100 persoas para traballar "ao longo e ancho da cidade" en distintas tarefas, como mellora de beirarrúas e de instalacións municipais e limpeza de viais, entre outras. O Concello de Vigo achega ao efecto 680.000 euros.
xoves, 5 xuñ 2014
Na apertura no IFEVI do Salón da Construción de Galicia SICO 2014, Abel Caballero fixo este xoves un chamamento ao "optimismo" e reclamou de Europa políticas que posibiliten o financiamento dos proxectos. "A crise non se resolverá ata que a edificación e a construción se reactiven, e se reactivarán", asegurou o rexedor vigués, quen eloxiou o "esforzo" da organización na celebración da feira.
xoves, 5 xuñ 2014
O alcalde de Vigo instou hoxe xoves aos responsables do Fondo de Garantía Salarial e de Facenda a negociar para que a empresa Pórtico poida seguir funcionando e, polo tanto, mantendo os 180 postos de traballo. Logo de manter un encontro co comité de empresa, Caballero explicou que estas administracións dan "mostra dunha inflexibilidade intolerable" ao ser o único escollo que nestes momentos ten a compañía para ser viable.
mércores, 21 mai 2014
O alcalde de Vigo apunta que a edición deste ano de Navalia "ten máis expectativas de éxito que hai dous anos", en referencia á posiblidade de formalizar novos contratos. Así o indicou nunha rolda de prensa que ofreceu xusto antes de iniciar a segunda visita ao Ifevi, onde se desenvolverá durante tres días a feira máis importante do sector naval.
martes, 20 mai 2014
O alcalde de Vigo resaltou hoxe que Navalia conseguiu que Vigo sexa "o punto de meta do naval, con centos de países vendo como somos porque non hai nada que se lle resista a esta cidade". Durante a inauguración da quinta edición da feira, Caballero felicitou aos organizadores no nome do goberno local e de toda a cidade.
xoves, 10 abr 2014
O alcalde presidiu este xoves a sesión do consello reitor da segunda edición deste Pacto, que se está a desenvolver cun "magnífico resultado" e as propias entidades empresariais e sindicais solicitaron comezar a traballar na terceira edición. O proxecto está a colleitar unha inserción laboral do 51,5% dos participantes.