O alcalde garante aos organizadores Navalia o apoio do Concello para a edición de 2016

luns, 21 set 2015

Abel Caballero participou esta mañá no Comité Executivo de Navalia, Feira Internacional da Industria Naval de Vigo, que celebrará o ano que ven a súa sexta edición. O alcalde de Vigo trasladou aos organizadores o total apoio do Concello a un evento que aspira a xerar un beneficio superior aos dez millóns de euros na súa próxima cita na cidade, desde o 24 ao 26 de maio de 2016.

O goberno local ampliará en 2016 o programa de Coidadores de Barrio

mércores, 2 set 2015

O próximo ano funcionará ampliado a máis zonas da cidade, adiantou Abel Caballero, quen acudíu este mércores ás inmediacións do Mercado do Calvario para coñecer de primeira man o traballo que realizan os coidadores de barrio, unha iniciativa do Concello no marco do plan de emprego municipal que realizan 50 profesionais no Casco Vello, no Calvario, Teis, Travesas e Bouzas-Coia.

O Concello achega 40.000 euros á Rede de Mulleres contra os Malos Tratos para a contratación de 4 profesionais

luns, 4 mai 2015

O alcalde de Vigo e os responsables da entidade asinaron este luns o convenio segundo o cal o goberno local achega 40.000 euros á Rede, cantidade que fai posible a contratación de catro profesionais na orientación e formación en igualdade, concienciación social e na mellora da empregabilidade das vítimas de violencia de xénero. O Concello de Vigo adica 1,2 millóns a políticas de igualdade e prevención.