O goberno de Vigo continúa coas políticas de creación directa de postos de traballo

luns, 10 out 2016

Abel Caballero informou da aprobación na Xunta de Goberno Local das axudas á contratación da xuventude viguesa cun importe próximo aos 100.000 euros para empregar a 40 persoas e tamén o convenio cos comerciantes de Príncipe para crear seis postos de traballo. Ademais, prorrogouse o convenio do Consorcio Galego de Benestar que atende a 120 persoas do programa "Xantar na Casa".

O Concello subvenciona cun millón de euros a creación de emprego en entidades sen ánimo de lucro

martes, 23 ago 2016

A Xunta de Goberno Local aprobou o outorgamento das subvencións a 67 entidades veciñais, deportivas, sociais e asistenciais ou empresariais que poderán contratar con esta axuda a persoal para desenvolver a súa actividade. O alcalde destacou que no ano 2015 se contrataran 155 persoas en virtude deste programa de xeración directa de emprego, un obxectivo ao que o Concello dedica 2,6 millóns de euros.

Caballero cifra en mil os empregos que creará o Concello este ano

xoves, 14 abr 2016

Despois de asinar este xoves un convenio que permitirá á Rede de Mulleres Veciñais contra os Malos Tratos contratar a catro persoas, o alcalde de Vigo estimou que o Concello xerará este 2016 uns mil postos de traballo co plan de emprego municipal. Abel Caballero recordou ademais que o investimento do seu goberno en igualdade e prevención da violencia de xénero ascende a 1,2 millóns.