mércores, 9 nov 2016
A factoría viguesa inaugurou este mércores unha nova nave no Polígono Industrial de Balaídos destinada a almacenamento e aparcamento de vehículos, nun acto no que Abel Caballero puxo en valor a competitividade da empresa e a súa capacidade de xeración de emprego en Vigo e Galicia. <br />
mércores, 26 out 2016
A Xunta de Goberno Local vén de aprobar a proposta de outorgamento das subvencións para o fomento do asociacionismo e a participación cidadá que contribuirán ao labor que desenvolven 35 entidades.
luns, 10 out 2016
Abel Caballero informou da aprobación na Xunta de Goberno Local das axudas á contratación da xuventude viguesa cun importe próximo aos 100.000 euros para empregar a 40 persoas e tamén o convenio cos comerciantes de Príncipe para crear seis postos de traballo. Ademais, prorrogouse o convenio do Consorcio Galego de Benestar que atende a 120 persoas do programa "Xantar na Casa".
xoves, 22 set 2016
O alcalde de Vigo participou este xoves na presentación do Centro de Asesoramento SmartPeme de Vigo, impulsado pola Deputación de Pontevedra, nun acto no que tomou parte xunto áa presidenta provincial e tenente de alcalde de Vigo, Carmela Silva. Abel Caballero salientou a cooperación existente entre ambas institucións.
martes, 23 ago 2016
A Xunta de Goberno Local aprobou o outorgamento das subvencións a 67 entidades veciñais, deportivas, sociais e asistenciais ou empresariais que poderán contratar con esta axuda a persoal para desenvolver a súa actividade. O alcalde destacou que no ano 2015 se contrataran 155 persoas en virtude deste programa de xeración directa de emprego, un obxectivo ao que o Concello dedica 2,6 millóns de euros.
martes, 19 xul 2016
Abel Caballero informou de dous acordos adoptados pola Xunta de Goberno Local destinados ao fomento do emprego. O goberno local aprobou o acondicionamento dunha nave como centro de formación e validou a convocatoria de axudas para proxectos de investigación e innovación.
mércores, 13 xul 2016
Abel Caballero recibiu este mércores aos responsables da cadena de alimentación, quenes lle expuxeron que o seu proxecto comercial en Vigo ten "unha vida moi saudable", en verbas do rexedor, e que "agardan abrir o próximo ano, e moi pronto, a súa nova tenda en Pizarro".
mércores, 13 xul 2016
Os mercadiño de Coia e Bouzas arrancarán a principios do mes de agosto -primeiro comezará a funcionar o de Coia-, baixo a supervisión do Concello. Así llo trasladou Caballero aos representantes dos veciños e dos comerciantes de Bouzas cos que hoxe mantivo un encontro na Alcaldía.
martes, 12 xul 2016
O rexedor trasladou esta mañá a súa "total cooperación e o diálogo permanente" con Aclunaga (Asociación del clúster naval gallego) e avanzou plans de formación que o Concello poderá implementar en cooperación co sector. Esta mañá mantiveron un encontro na Alcaldía para analizar a situación desta industria en Vigo e en Galicia.
xoves, 9 xuñ 2016
O alcalde de Vigo trasladou esta mañá aos membros do comité de empresa de Vulcano, cos que mantivo un encontro, toda a "súa cooperación para espertar ás administracións do seu letargo". En rolda de prensa, esixiu á Xunta de Galicia e ao Goberno de España a actuar porque "é imprescindible salvar o sector naval de Vigo".