xoves, 4 mai 2017
A cita gastronómica desenvólvese dende este xoves e ata o domingo na Estación Marítima de Vigo con degustacións, master class e exhibicións de tiraxe de cervexa. Na presentación do evento, Abel Caballero puxo en valor o papel da restauración na economía da cidade.
venres, 28 abr 2017
Os comerciantes Mercado do Progreso celebraron este venres o seu primeiro ano de actividade dende a reapertura das instalacións cun acto ao que se sumou Abel Caballero que quixo felicitalos polo labor desenvolvido neste tempo. Destacou, especialmente, o seu labor de promoción da gastronomía de Vigo e a nova forma de entender o mercado como un foco de atracción turística na cidade.
xoves, 27 abr 2017
O goberno de Vigo vén de aprobar as bases e a convocatoria do programa municipal de axudas á contratación e mellora do emprego da mocidade viguesa, tal e como informou este xoves Abel Caballero. O Concello incentiva tanto a nova contratación como a transformación de contratos temporais en indefinidos.
venres, 21 abr 2017
Abel Caballero explicou este venres que a Xunta de Goberno Local vén de aprobar as bases e convocatoria do programa de axudas municipais á creación de empresas constituidas entre abril de 2016 e marzo deste ano. Na edición anterior, 27 compañías beneficiáronse deste programa.
martes, 18 abr 2017
O alcalde explicou que ao orzamento dedicado á xeración de postos de traballo de forma directa, de 5,4 millóns de euros, hai que sumar o emprego que crean as humanizacións que se realizan na cidade e que supoñen un investimento de 25 millóns de euros.
martes, 11 abr 2017
O concelleiro e deputado provincial Santos Héctor participou esta mañá na presentación da terceira edición do Atlante Wine Forum 2017 que se desenvolverá en Vigo o próximo luns 17 de abril. Organizado polo Instituto Galego do Viño, a sede de Afundación acollerá unha xornada de encontro, formación e traballo conxunto dos profesionais do viño que desenvolven a súa actividade no noroeste de España e no norte de Portugal.
luns, 10 abr 2017
O alcalde reiterou esta mañá o apoio do goberno local para que Vigo lidere o Blue Fish, un proxecto europeo de pesca sostible. Así o explicou esta mañá logo de manter un encontro con responsables de Fundamar, Fundación para a pesca e o marisqueo.
martes, 4 abr 2017
O rexedor deu conta hoxe da aprobación do proxecto "Vigo polo emprego e a mocidade" e do obradoiro de emprego "Vigo capacita IV" que formará en especialidades de cociña e hostalería a mozas e mozos da cidade. Tamén saíron adiante as bases das subvencións municipais para festas e actividades socioculturais.
mércores, 15 mar 2017
A saída a crise da estiba ten que abordarse desde unha mesa de negociación a tres bandas (traballadores, empresas e Goberno Central) na que non pode haber posicións inflexibles. Así o dixo esta mañá o rexedor logo de manter un encontro co comité de empresa da colla do Porto de Vigo.
xoves, 16 feb 2017
O alcalde asistiu á apertura das Xornadas da Comisión Europea de Sindicatos, que abordarán a súa acción internacional coordinada no sur de Europa para manter un posicionamento común e evitar medidas depresivas dos salarios e das condicións de traballo indebidas. Caballero celebrou que o encontro se realizara na cidade contando coa presenza dos secretarios xerais de CCOO e UXT e representantes portugueses de "altísimo nivel" e reclamou acción sindical para evitar o dumping. <br />