xoves, 10 mai 2018
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, visitou este xoves o parque forestal de Beade, onde xa traballan operarios contratados a través do Plan de Emprego do Concello para levar a cabo labores de limpeza dos montes e reforestación das zonas queimadas durante os incendios do pasado mes de outubro.
mércores, 18 abr 2018
Abel Caballero participou este mércores na presentación do Woderful Summit, xunto ao xerente do centro comercial Gran Vía, Fernando Pinto, e o responsable do proxecto, Manuel de Carlos. O iniciativa busca apoiar a innovación entre as empresas e particulares.
martes, 13 mar 2018
Abel Caballero visitou esta mañá o centro de Vigo do Groupe PSA onde se achegou ao proceso de fabricación da k9, un vehículo que cualificou de "sensacional". Logo do percorrido pola factoría, felicitou ao todos os traballadores aos que lles garantiu apoio municipal.
mércores, 7 mar 2018
O goberno local ven de aprobar un investimento de 70.200 euros para a posta en marcha e o mantemento do observatorio socioeconómico de Vigo, unha ferramenta con información actualizada sobre o territorio, a demografía, a cultura ou a mobilidade da cidade. O obxectivo é que sirva de apoio para empresas ou emprendedores.
venres, 2 mar 2018
O alcalde deu conta do avance do proceso administrativo que permitirá contratar a trece mulleres vítimas de violencia de xénero para desenvolver durante un ano labores administrativas e de conserxería en dependencias municipais. Este programa de inserción laboral está dotado con 178.000 euros.
xoves, 1 mar 2018
Abel Caballero ratificou esta mañá a cooperación do Concello coa Asociación de Jóvenes Empresarios para a organización duns premios en Vigo. Así o asegurou logo de manter un encontro con responsables da entidade coa que o goberno local mantén unha relación "moi fluída porque creemos que o mundo da economía e, sobre todo, dos pequenos e novos empresarios é da maior importancia".
xoves, 1 mar 2018
Informou Abel Caballero este xoves que a goberno de Vigo aprobou o convenio con Érguete para impulsar de novo o programa, esta vez por dous anos, contratando 47 profesionais con presenza no Calvario, Teis, Casco Vello, Travesas e Bouzas-Coia.<br />
xoves, 1 mar 2018
O alcalde recibiu este xoves aos representantes dos sindicatos convocantes da folga de Xustiza en Vigo. Tras coñecer as reivindicacións dos traballadores, Caballero reclamou á Xunta de Galicia que se sente a negociar e "non se levante da mesa" ata acadar un acordo.
luns, 26 feb 2018
O alcalde recibiu este luns aos organizadores do XXVII Salón do Automóbil. Abel Caballero coñeceu as últimas novas do evento que vaise a celebrar do 11 ao 15 de abril no Instituto Ferial de Vigo (Ifevi) e felicitou a José Manuel Fernández Alvariño e a José Enrique Elvira, responsables do salón automobilístico, por manter o evento durante os peores anos da crise. <br />
martes, 20 feb 2018
O próximo venres 23 de febreiro abrirá as súas portas na Terminal de Cruceiros o Salón FranquiAtlántico que nesta décimo oitava edición reunirá a 200 firmas. Un ano máis, o Concello de Vigo apoia esta cita empresarial que trata de fomentar o autoemprego.