martes, 9 out 2018
Abel Caballero mantivo este martes unha reunión de traballo co presidente de Abanca, Juan Carlos Escotet, e o delegado da Zona Franca, David Regades, para coñecer os novos proxectos que ten en marcha o Consorcio e estudar posibles vías de cooperación a favor do desenvolvemento de Vigo. O alcalde de Vigo tamén quixo asistir ao encontro para felicitar a ambos responsables polo traballo que van a poñer en marcha a favor da cidade.
luns, 1 out 2018
Carlos López Font participou esta mañá no Ifevi na inauguración do VII Congreso Internacional sobre Produción Pesqueira Mundial que conta coa presenza de máis de 400 expertos. Esta cita é a antesala da feira de Conxemar que abre mañá as súas portas coa presenza de 740 empresas de 48 países.
venres, 28 set 2018
Abel Caballero deu conta da aprobación da subvención en favor de Conxemar para o fomento do emprego con motivo da celebración da feira. O alcalde recordou que, mentres os gobernos de Galicia e España se poñían "de perfil", este apoio é o compromiso do Concello cun evento que sufriu hai uns anos un "ataque durísimo" desde Barcelona.
luns, 24 set 2018
Representantes dos mellores xestores do mundo visitarán o xoves o Círculo de Empresarios para participar no III Foro de Investimento e Finanzas Persoais, co apoio do Concello e da Deputación. Na presentación Caballero defendeu esta iniciativa porque "todos necesitamos formación para tomar decisións adecuadas". <br />
luns, 24 set 2018
A Xunta de Goberno Local, informou o alcalde, concedeu 35.000 euros a autónomos e micropemes para cooperar no pago dos seus espazos de coworking e outros 100.000 máis para apoiar a transformación en indefinidos de contratos temporais e para incentivar a nova contratación.
xoves, 9 ago 2018
Abel Caballero informou este xoves de que o Concello de Vigo conta con catro orientadores laborais que sufraga ao cen por cen o Fondo Social Europeo. O alcalde explicou que as achegas da Xunta tan só cobren o 45%.
martes, 7 ago 2018
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, firmou este martes o convenio de colaboración coa Unión Xeral de Traballadores (UXT) para colaborar con 15.000 euros no financiamento de actividades y desenvolvemento do sindicato. Á firma do convenio asistiron o secretario xeral de UXT en Vigo, Ernesto Fontanes, e o secretario de Organización de UXT en Galicia, José Luis Fernández Celis, ademais do concelleiro Ángel Rivas.
venres, 27 xul 2018
O goberno de Vigo, segundo informou este xoves o alcalde, anunciou a aprobación en Xunta de Goberno das solicitudes presentadas á convocatoria de subvencións para o fomento de emprego en entidades sen ánimo de lucro 2018. Abel Caballero informou de que as achegas rondan o millón de euros e servirán para crear un total de 200 postos de traballo a través de 72 asociacións.
venres, 13 xul 2018
Caballero cualificou esta mañá Koopera Store Vigo como "un punto de encontro excepcional entre persoas para o benestar colectivo". Durante a inauguración desta tenda -situada na rúa peonil do Calvario-, eloxiou unha iniciativa impulsada por Cáritas que prevé a creación de emprego social sostible a través de establecementos de roupa de segunda man.
mércores, 11 xul 2018
Abel Caballero participou este mércores na entrega dos VIII Premios Ejecutivos Galicia que organiza o Círculo de Empresarios de Galicia e que nesta ocasión entregou o galardón de executivo do ano a Ignacio González Hernández, CEO de Nueva Pescanova . O alcalde destacou a "capacidade, excelencia e dedicación" do empresariado que "xera riqueza na cidade e en todo o territorio". Tamén indicou que "Vigo é a cidade da economía e ser empresario en Vigo sempre foi un atributo extraordinario".