luns, 2 xul 2018
O Concello de Vigo puxo en marcha o Programa de Inserción Laboral de Mulleres Vítimas de Violencia de Xénero grazas ao que un total de 15 viguesas iniciaron o periodo de formación previo a súa incorporación ao posto de auxiliar de administración xeral e de ordenanza.
xoves, 28 xuñ 2018
O alcalde de Vigo achegouse esta mañá ao Centro de Negocios Porto do Molle para participar na entrega de premios organizada pola revista Actualidad Económica. No acto recoñeceuse, entre outros, a Francisco Puga, presidente de Delta Vigo e a Roberto Tojeiro, presidente de Gadisa, Intasa e Reganosa.
venres, 22 xuñ 2018
A V Conferencia Internacional ARVI sobre o futuro da pesca abordou os beneficios do consumo de peixe e avogou pola implantación da educación nutricional como materia obrigatoria. Durante a súa intervención no acto de apertura, Caballero puxo en valor o traballo realizado en Vigo en favor da sustentabilidade da pesca.
luns, 18 xuñ 2018
Abel Caballero referiuse esta mañá ao "gastromercado" de O Berbés como un punto de encontro "imprescindible" no Casco Vello, un proxecto que mistura tradición e proximidade coa ilusión da xente e vaticinou que "nada vai ensombrecer este éxito". Durante a inauguración, reiterou o apoio do goberno local ao conxunto do marcado no que o Concello investiu 2,5 millóns na remodelación das instalacións.
venres, 8 xuñ 2018
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, acudiu este venres á clausura da Escola de Hostelería Harina Blanca, onde entregou os diplomas de cociñeiro profesional aos alumnos e animou a seguir traballando nun sector que "está en alza".
luns, 4 xuñ 2018
Abel Caballero visitou este luns no Centro Cultural de Valadares aos 20 alumnos que comenzarán as súas clases de formación grazas ao obradoiro de empresa Vigo Capacita IV. O obxectivo é que os 20 traballadores consigan un nivel de capacitación laboral que os converta en competitivos dentro do actual mercado do sector da hostalería.
xoves, 24 mai 2018
O rexedor criticou esta mañá a decisión do goberno central de que as zonas francas acheguen ata o 12% dos seus recursos financeiros a un fondo común que servirá para atender aos consorcios con peores resultados. En rolda de prensa, explicou que esta decisión suporá o transvase de recursos de Vigo a outras territorios, fondos para a expansión de solo industrial ou fomento do emprego.
xoves, 24 mai 2018
As oficina municipal de Teis e o edificio municipal do Areal serán os lugares nos que se impartirán cursos de alfabetización dixital nos meses de xuño e xullo. O requisito é estar empadroado e a inscrición se formalizará a través do 010.
martes, 22 mai 2018
Na inauguración, Abel Caballero felicitou á organización, aos empresarios e traballadores do sector pola celebración de Navalia este 2018 e tamén nos peores anos da crise, que o naval padeceu "dunha forma tremenda, durísima". O rexedor puxo en valor a elevada presenza internacional na Feira viguesa. <br />
xoves, 10 mai 2018
O Concello vén de aprobar as bases e a convocatoria do programa, que subvenciona os gastos de posta en marcha e primeiros meses da actividade empresarial. Por outro lado, Abel Caballero informou da aprobación do convenio cos centros educativos para xestionar as axudas que concede o Concello ao alumnado por 2 millóns.