luns, 13 nov 2017
O alcalde lembrou a importancia da temática deste obradoiro chamado "Empleo digital", que xorde tras o convenio asinado polo goberno local coa Fundación Telefónica.
xoves, 9 nov 2017
O programa "Vigo polo emprego da mocidade" permitirá ao Concello impartir formación a 165 mozos e mozas menores de 30 anos para facilitar a súa inserción laboral. Esta iniciativa, dotada con 670.000 euros, está financiada nun 80% con fondos Feder.
martes, 7 nov 2017
Os Premios Nacionais de Comercio Interior 2017 veñen de recoñecer a labor do Concello en pro do comercio como motor económico da cidade. O Ministerio de Economía, Industria concedeulle a Vigo unha mención honorífica na categoría de concellos.
xoves, 2 nov 2017
O alcalde, Abel Caballero, tomou parte este xoves na presentación pública, xunto á directora de Telefónica en Galicia, Marta Menéndez, e o director de Relacións Institucionais e Coordinación Territorial da Fundación Telefónica, Joan Cruz. O curso formará durante cinco meses a alumnado de entre 18 e 35 anos nunha das linguaxes de programación con máis demanda no sector tecnolóxico.
xoves, 26 out 2017
O alcalde participou esta mañá na apertura do II Salón Empresarias de Galicia onde insistiu na necesidade de levar a bandeira de igualdade en todos discursos públicos e en todos os ámbitos. No Auditorio Mar de Vigo, eloxiou ás asistentes, mulleres con "gran capacidade que conseguiron romper paredes que parecían inamovibles". <br />
xoves, 19 out 2017
No marco da inauguración do III Congreso Internacional de Enxeñería Civil e Territorio Galicia-Norte de Portugal, que reúne na cidade a máis de 300 especialistas en xestión e conservación de obra pública, Abel Caballero salientou o papel dos enxeñeiros na vertebración dos novos modelos de cidade pensadas para a infancia, os maiores e as persoas con discapacidade. Amais, puxo en valor a revolución imparable de Vigo coas humanizacións, ramplas e ascensores que melloran a calidade de vida da cidadanía. <br />
mércores, 4 out 2017
Abel Caballero explicou este mércores que está "practicamente redactado" un proxecto que incluirá a renovación do pavimento, a reforma e adaptación dos baños, o pintado e unha mellor distribución dos espazos. "Chegou a hora da reforma do Mercado de Teis", indicou antes de participar na entrega de premios da 4ª Ruta de Pinchos no barrio.
mércores, 4 out 2017
O alcalde mantivo esta mañá un encontro co Consello Galego de Enxeñeiros Técnicos Industriais para estreitar lazos de cooperación. Entre outros asuntos abordouse a petición do colectivo de que sexan profesionais con formación técnico industrial os que validen as comunicacións previas para a entrega de posteriores licenzas.
mércores, 4 out 2017
Abel Caballero participou este mércores na presentación da Lanzadeira de Emprego, que arrancará en novembro e servirá para axudar a 20 desempregados, na súa maioría menores de 35 anos, a optimizar a súa procura de traballo con novas técnicas e ferramentas acordes ás necesidades do mercado laboral actual.<br />
luns, 2 out 2017
O alcalde participou hoxe luns na apertura do Congreso Internacional organizado pola FAO e Conxemar e que nesta sexta edición abordará o cambio climático e os seus efectos na pesca mariña, na acuicultura e no comercio. Diante de autoridades de 20 países do mundo, ademais de empresarios e investigadores, Caballero explicou que este tipo de foros son os que deben axudar a buscar fórmulas para combater "o que xa nos está a pedir o planeta"<br />