Escoitar

O Concello de Vigo dota ao Plan de Emprego dun millón de euros para crear 200 postos de traballo

O goberno de Vigo, segundo informou este xoves o alcalde, anunciou a aprobación en Xunta de Goberno das solicitudes presentadas á convocatoria de subvencións para o fomento de emprego en entidades sen ánimo de lucro 2018. Abel Caballero informou de que as achegas rondan o millón de euros e servirán para crear un total de 200 postos de traballo a través de 72 asociacións.

venres, 27 xul 2018
A Xunta de Goberno Local aprobou a resolución de solicitudes presentadas á convocatoria de subvencións para o fomento do emprego en entidades sen ánimo de lucro 2018. O alcalde informou en rolda de prensa de que as achegas acadan un valor dun millón de euros e van directamente a un total de 72 asociacións.

"É o máis importante Plan de Emprego das cidades de Galicia, de longo, e probablemente o máis importante de España, ningún concello nin deputación teñen un plan como o noso", sinalou Abel Caballero durante a súa comparecencia ante os medios de comunicación.

No plan están incluídas un total de quince entidades veciñais e culturais (San Xurxo, Casco Vello, Lavadores, San Pedro de Matamá La Unión, Praza da Miñoca, Vigo Centro, Agrupación de Centros Deportivos e Culturais, Federación de Peñas El Olivo, O Carballo de Sárdoma, Barrio Alto do Casco Vello, Atlántida de Matamá, Beade, Calvario, Valladares e Candeán), outras 26 entidades sociais e asistenciais (Fundación Menela, Fundamar, Fundación Luis Tilve, Asociación de Persoas Xordas de Vigo, Asvidal, Alento, Confederación Galega de Persoas con Discapacidade, Cáritas, Mulleres Progresistas, DOA, Fundación Laboral de la Construcción, FADEMGA, APAMP, Galicia Fiddle, Mulleres en Igualdade, AVEMPO, FEAFES, ABAP, Asociación en favor de las personas con discapacidad intelectual, Fundación Aldaba, AFAGA, Asociación Xaruma, Unión Musical de Valladares, Fundación CIP, Emaús, Reencanto Produccións, Mulleres Pedra da Vella), unha organización sindical (UGT), quince entidades empresariales (AETRAVI), Acluxega, ACECA, ATRA, Comerciantes de Teis, Empresarias de Galicia, ASIME, AJE Vigo, Mercado de Travesas, AGASU, Instalectra, ASETRANSPO, Federación de Comercio, Zona Náutico, Comerciantes PAU Navia), a Mancomunidad de Montes de Vigo, e 14 entidades deportivas (Alerta Navia, CD Coia, AFAVI, Tamiar – APAMP, Club Remo Coruxo, SR Casablanca, Balaídos CF, Asociación Viguesa de Jiu-Jitsu Brasileiro, Club Ciclista Vigués, Club Esgrima El Olivo, Club Escola Rosalía, Cicloturista Valladares, NovoBasket Vigo, Balonmán Lavadores).