O Concello adica preto dun millón de euros anuais á loita contra a violencia machista
O goberno de Vigo, segundo informou este martes o alcalde, anunciou a cesión durante seis meses dunha vivenda municipal a unha muller e o seu fillo, vítimas de violencia de xénero. O alcalde recordou que o Concello ten un amplo programa de atención, acollemento, formación e inserción laboral ao que dedica case un millón de euros.