25 persoas desempregadas formaranse en programación JAVA grazas ao Concello e Telefónica
O alcalde lembrou a importancia da temática deste obradoiro chamado "Empleo digital", que xorde tras o convenio asinado polo goberno local coa Fundación Telefónica.
Trátase dun itinerario de traballo dirixido á formación na linguaxe de programación JAVA de 25 persoas desempregadas, viguesas/es de entre 18 e 35 anos, que contarán coa participación de expertos e referentes no sector. Recibirán clases teórico-prácticas validadas polas empresas colaboradoras.
A formación en JAVA, unha das linguaxes de programación con máis demanda no sector tecnolóxico, comeza o 24 de novembro e prolongarase durante cinco meses con clases impartidas nas instalacións do Auditorio Mar de Vigo en horario de mañá. A inscrición realízase en: www.fundaciontelefonica.com/empleabilidad/empleo-digital/.