Vinte persoas integran a I Lanzadeira de Emprego de Vigo
David Regades, primeiro tenente de alcalde vigués, visitou este luns a primeira lanzadeira de emprego da cidade asentada nos próximos cinco meses no Auditorio Mar de Vigo e conformada por 20 persoas desempregadas, 13 mulleres e 7 homes, que buscan un traballo ou novas oportunidades laborais. Na lanzadeira realizarán diversas actividades formativas co obxectivo de conseguir a súa inserción laboral. A iniciativa foi posta en marcha polo Concello xunto á Fundación Telefónica e á Fundación Santa María la Real e cofinanciada polo Fondo Social Europeo.