O goberno local xa está colocando os módulos da estrutura da cuberta da bancada de Río
Xa comenzou a colocación dos módulos da estrutura que soportará a cuberta da grada de río, coa instalación hoxe luns da segunda das grandes pezas -a primeira colocouse o venres pasado. O Concello someteu a un segundo control de calidade as bolas que veñen substituír ás que tiveron que ser retiradas ao resultar defectuosas.
O rexedor avanzou esta mañá que xa se están a colocar os módulos da estrutura da cuberta de Río que tiveron que ser retirados ao detectarse pezas defectuosas. Tal e como explicou, o venres pasado subiuse un dos módulos, hoxe colocarase o número 7 e, a partir de agora, se instalará un cada tres días. As pezas corrixidas, ademais de pasar o control de calidade da propia empresa, foron sometidas a un control adicional en AIMEN.