Escoitar

O Concello comeza en Matamá as obras de recuperación das zonas afectadas polos lumes

O goberno local xa está a actuar sobre dous muros de contención que resultaron afectados nos lumes dos pasados 15 e 16 de outubro. Deste xeito, arrancan os traballos de reparación de distintas infraestruturas danadas polos incendios para os que o Concello ampliará o contrato coa concesionaria responsable do mantemento das distintas vías e espazos públicos da cidade.

luns, 4 dec 2017
O alcalde deu conta esta mañá da actuación en dous muros de contención na subida ao Zondal, en Matamá, que foron danados polos lumes rexistrados na cidade os pasados 15 e 16 de outubro. O Concello inicia deste xeito as reparacións nas infraestruturas que afectadas polos incendios, unha iniciativa para a que tivo que ampliar o orzamento do contrato coa concesionaria responsable do acondicionamento, mantemento e arranxo das infraestruturas viarias municipais.