Escoitar

O Concello e os enxeñeiros técnicos industriais estreitan lazos de cooperación

O alcalde mantivo esta mañá un encontro co Consello Galego de Enxeñeiros Técnicos Industriais para estreitar lazos de cooperación. Entre outros asuntos abordouse a petición do colectivo de que sexan profesionais con formación técnico industrial os que validen as comunicacións previas para a entrega de posteriores licenzas.

mércores, 4 out 2017
1507120870ingenieros.JPG
O rexedor avanzou esta mañá que o Concello cooperará coa reunión anual do Consello Galego de Enxeñeiros Técnicos Industriais que se organizará en Vigo. Logo de manter un encontro cos responsables dos catro colexios provinciais, destacou o interese do colectivo para que os profesionais encargados de facilitar as comunicacións previas para outorgar licenzas -co fin de adiantar procesos administrativos- estean habilitados desde o ámbito técnico industrial. Outro dos asuntos que se abordaron foi a labor que realizan este colectivo en procesos de mediación o que permite retirar causas dos xulgados.
Descargar todas as imaxes