Escoitar

O alcalde aplaude "a atmosfera optimista" que se respira na feira de negocio de Conxemar

O alcalde vaticinou hoxe mércores o éxito de Conxemar, logo de onte percorrera o recinto feiral no que se respiraba "unha atmosfera moi optimista". Na súa opinión, o elevado número de expositores e participantes fan presaxiar os mellor dos éxitos deste importante evento para a cidade.

mércores, 4 out 2017
1507120732conxemar.jpg
Abel Caballero transmitiu hoxe mércores aos medios de comunicación "a boa sensación" que recibiu onte na súa visita a Conxemar, un sentimento que ratificou posteriormente en intercambios de opinión con empresarios e responsables políticos. Máis de 600 expositores procedentes de 43 países son a evidencia dunha feira que "será histórica", desexou. Aínda que hai que esperar ao balance final, puntualizou, os índices de participación xa indican a boa marcha dunha feira que é eminentemente de negocio e non de exposición.

Reiterou a importancia dun evento capaz de concitar a quince ministros de outras tantas nacións, ademais de ducias embaixadores "porque moi poucas cidades son capaces de organizar algo así". Logo de insistir no compromiso do goberno local con este evento, Caballero rematou augurando que este ano se superarán os 30.000 visitantes que se rexistraron o ano pasado.
Descargar todas as imaxes