martes, 3 out 2017
A Xerencia de Urbanismo contará no 2018 cun orzamento de 10,7 millóns, un aumento do 12,6% sobre este ano, o que revela o "esforzo" do Concello para salvar as consecuencias da anulación xudicial do PXOM, explicou Caballero este martes. As contas reservan 2,5 millóns para a recuperación da Panificadora e 800.000 euros para a urbanización na Avenida de Europa, entre outros proxectos.
martes, 3 out 2017
O alcalde avanzou esta mañá que o prazo de pago a provedores do Concello no mes de xullo foi de 17 días, mentres que o da Xunta de Galicia foi de 33 días, case o dobre. Tal e como explicou, Vigo pagou 13 días antes de que empecera o período contable da demora, é dicir, un mes despois do rexistro da factura, mentres que a Xunta o fixo 3 días despois.