Escoitar

O goberno local aproba unha nova quenda de obras no rural de Vigo cun orzamento de 1,5 millóns

O goberno local deu luz verde á contratación do subministro de material para para obras no rural por valor de 1,2 millóns, unha cantidade á que hai que sumar outros 340.000 euros para renovación de firmes en diferentes parroquias da cidade.

luns, 2 out 2017
O rexedor deu conta da contratación de formigón, morteiros áridos e materiais de construción para acometer obras no rural, unha cantidade que supera o millón e medio de euros se sumamos outra das partidas aprobadas na Xunta de Goberno, que neste caso é de 340.000 euros para a substitución de firmes de vías en diferentes parroquias da cidade. Tal e como detallou realizaranse obras en Coruxo (Camiño do Viñó), Matamá (Estrada Beirán e rúa Ropueiro); Bembrive (Camiño de Arieiro); Zamáns (Estrada de Marcosende); Alcabre (Camiño do Cruceiro e Camiño do Forte); Castrelos e Sárdoma (Camiño do Viloura e Estrada de Miraflores); Candeán (Camiño do Monte Vixiador); Teis (Avenida Dona Fermina) e, finalmente, no Casco Vello (rúas Covadonga, Eduardo Cabello, Arines, Couto, Marqués de Alcedo e Pastora).

Por outra banda, tamén se deu conta da clasificación de ofertas para a contratación dos servizos para a instalación de elementos vexetais e non vexetais da decoración de Nadal. Estes 135.000 euros veñen sumarse aos 636.000 euros aos que ascende o contrato de iluminación.