O goberno municipal cooperará para que Vigo lidere o proxecto europeo de pesca sostible Blue Fish
O alcalde reiterou esta mañá o apoio do goberno local para que Vigo lidere o Blue Fish, un proxecto europeo de pesca sostible. Así o explicou esta mañá logo de manter un encontro con responsables de Fundamar, Fundación para a pesca e o marisqueo.
O goberno local cooperará con Fundamar para que Vigo lidere o proxecto europeo de pesca sostible Blue Fish, un xeito ecolóxico de entender a pesca, a extracción e o trato co mar. Con este obxectivo, o rexedor avanzou que se proporcionarán recursos para que esta Fundación -vinculada a Cooperativa de Armadores e aos sindicatos- lidere este movemento nunha época tan convulsa para o sector, referíndose ao Brexit.
Descargar todas as imaxes