Concello e Fundación Carlos Casares programan exposicións, faladoiros e mesas redondas sobre a figura do escritor
O Día das Letras Galegas está adicado este ano a Carlos Casares e o Concello de Vigo e a fundación que leva o seu nome preparan distintas actividades culturais, que comezan o 4 de maio coa mesa redonda "A Muller no Obra de Carlos Casares". Na presentación este luns, o alcalde eloxiou a un "gran escritor, gran literato e magnífico amigo".
Na rolda de prensa deste luns, Abel Caballero salientou o "interese cultural e cidadá" das actividades programadas pola Fundación Carlos Casares e o Concello de Vigo. Caballero definiu a Casares como un "gran escritor, gran literato, magnífico amigo e gran vigués" e subliñou a cooperación coa Fundación para recuperar a súa figura e a súa obra.
Xunto ao alcalde de Vigo, o acto de presentación deste luns na Alcaldía contou coa presenza de Xavier Casares e Gustavo Garrido, presidente e secretario respectivamente da Fundación, e de Rexina Vega, escritora e profesora da Universidade de Vigo, encargada de moderar a Mesa Redonda "A Muller na Obra de Carlos Casares" coa que comeza o programa.
Os organizadores abrirán o 8 de maio a mostra "O Principiño ao redor do mundo. A colección de Carlos Casares", na Casa Galega da Cultura, e o 10 de maio se celebrará o Café Voltaire – O Sabor das Letras: "Carlos Casares e Gastronomía", ás 20 horas no restaurante do Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO)
O 20 de maio ás 12:30h, a Biblioteca Central Juan Compañel acollerá o Faladoiro para cativos e maiores sobre Carlos Casares. O máis salientable da programación ata o momento péchase con dúas exposicións máis: "Carlos Casares e a Fotografía", desde o 31 de xullo na Casa Galega da Cultura, e "Os mundos de Carlos Casares", a partir do 18 de setembro na Casa das Artes.
Descargar todas as imaxes