O alcalde reitera aos veciños e comerciantes de Bouzas que os mercadiños abrirán en agosto
Os mercadiño de Coia e Bouzas arrancarán a principios do mes de agosto -primeiro comezará a funcionar o de Coia-, baixo a supervisión do Concello. Así llo trasladou Caballero aos representantes dos veciños e dos comerciantes de Bouzas cos que hoxe mantivo un encontro na Alcaldía.
O alcalde reiterou este mércores a respresentantes veciñais e comerciais de Bouzas que os mercadiños vanse abrir supervisados e xestionados polo Concello e, polo tanto, cumprindo estrictamente a legalidade e a ordenanza vixente. Respecto dos prazos, unha vez publicada a lista provisional de admitidos, o Concello está a recoller documentación pendente para poder elaborar a listaxe de adxudicatarios definitiva. Lembrou que existen 450 solicitudes e explicou que en Bouzas habería espazo para 200 ou 250 postos, mentres que en Coia -máis pequeno- poderán instalarse 110 ou 120 vendedores. Está previsto que a principios de agosto arranque a actividade en Coia e a continuación, o fará en Bouzas.
Outro dos temas que se abordaron durante o encontro foi o futuro uso da Casa do Patín, concebida como un espazo común de encontro. Tal e como explicou o rexedor, a Asociación de Veciños solicitou un local dentro deste edficio rehabilitado e Caballero comprometeuse a estudar a petición.
Descargar todas as imaxes