Caballero avanzou que os orzamentos de 2017 incrementarán o apoio ao deporte
O Concello de Vigo aumentará no próximo documento orzamentario o seu apoio ao deporte, tal e como lle transmitiu hoxe venres a distintos coletivos da cidade. Durante ese encontro anunciou a renovación dos convenios que permiten a entidades deportivas, sociais e centros de ensino usar instalacións municipais sen custo algún.