O alcalde traslada aos traballadores da limpeza o "recoñecemento da cidade" pola 5ª Vasoira de Platino
Caballero participou esta mañá na homenaxe aos traballadores da empresa concesionaria da limpeza pola 5ª Vasoira de Platino que ven de recibir a cidade. Esta distición súmase ás catro anteriores, acadadas consecutivamente en 2008, 2010, 2012 e 2012.
Máis de 300 traballadores do servizo de limpeza de Vigo participaron no acto de homenaxe organizado como agradecemento pola súa labor e como recoñecemento pola 5ª Vasoira de Platino consecutiva acadada pola cidade. Durante a súa intervención, o rexedor atribuíu aos profesionais a consecución desta distición e trasladoulles o recoñecemento "máis importante, o de toda a cidade".
Caballero sinalou que a consecución da quinta Vasoira de Platino é un acicate para "seguir a traballar con plena cooperación, traballando xuntos, levando un proxecto común que é o que nos vai guiando". Dirixiuse ao comité de empresa e á dirección de FCC- que conta con 95 vehículos e 550 traballadores, agradecéndolles a súa profesionalidade e dedicación e xa lles avanzou que o goberno local velará porque as condicións de traballo se manteñan como ata o de agora.
Nesta distinción que se suma ás catro anteriores acadadas en 2008, 2010, 2012 e en 2014, o xurado destacou iniciativas como a retirada dos colectores de vidro do Casco Vello, dotando aos hostaleiros de colectores de pequena capacidade que son recollidos por un vehículo especial en horario establecido.
A Vasoira de Platino distingue as actuacións e iniciativas realizadas para mellorar a xestión dos residuos a limpeza e o aseo urbano en xeral das cidades premiando os esforzos e realizacións para estimular os avances tecnolóxicos e de concienciación e innovación social que sirvan para mellorar a calidade de vida dos cidadáns.