A Praza do Rei acolle ata o domingo un circuito de karts coa colaboración do Concello
Ata o domingo, o circuito itinerante Xira Karting está emprazado na Praza do Rei e ofrece a todos os públicos a posibilidade de pilotar un kart de competición, de 12 a 14h e de 17 a 22 horas. O alcalde, Abel Caballero, explicou que o Concello repartirá 500 invitacións aos nenos e nenas das escolas depotivas municipais.
A décima edición de Xirakarting, o circuíto de karts itinerante que percorre Galicia para promocionar a iniciación ao mundo do automobilismo, chega a Vigo este xoves e instalarase na Praza do Rei ata o domingo.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, asistiu á apertura desta actividade, que conta co patrocinio municipal e ademais terá como colofón un campionato para nenos e nenas de 4 a 7 anos o domingo, na que será terceira proba da Rookies Cup da Federación Galega de Automobilismo. O Concello pon a disposición do programa municipal de escolas deportivas ata 500 invitacións.
O circuito ofrece a posibilidade de pilotar un kart de carreiras a todos os públicos, desde os catro anos e sin límite de idade. Tamén existen dous novos karts adaptados que permiten conducir a persoas con diversidade funcional.
Descargar todas as imaxes