Escoitar

Inauguración exposición "Afinidades selectivas 9"

Este xoves 14 de xullo, ás 20:00 h, inaugúrase na sala de exposicións da Casa Galega da Cultura (praza da Princesa, 2) a exposición "Afinidades Selectivas 9", organizada pola Universidade de Vigo, coa colaboración da Concellería de Cultura, fruto do convenio existente entrambas entidades.

xoves, 14 xul 2016
1468496968afinidades.jpg
Baixo o título "Aproximacións didácticas e propostas gráficas no proceso creativo" amosase as afinidades nos proxectos artísticos de catro docentes e catro alumnos e alumnas da Facultade de Belas Artes do campus de Pontevedra.

Os artistas son Begoña Paz-Diego Germade;Cristina Varela-Olalla Osorio; Nono Bandera-Marcos Covelo; Anne Heyvaert-Clara Sobrino.

A exposición permanecerá aberta ao público ata o 4 de setembro de 2016.
Descargar todas as imaxes

Máis información