mércores, 13 xul 2016
Os mercadiño de Coia e Bouzas arrancarán a principios do mes de agosto -primeiro comezará a funcionar o de Coia-, baixo a supervisión do Concello. Así llo trasladou Caballero aos representantes dos veciños e dos comerciantes de Bouzas cos que hoxe mantivo un encontro na Alcaldía.
mércores, 13 xul 2016
Segundo explicou Caballero hoxe mércores, o Concello sufraga con 8.000 euros un programa de respiro familiar da Fundación Menela, con 18.000 euros os obradoiros de estimulación de AFAGA, e con 20.000 euros o intérprete de lingua de signos da Asociación de Persoas Xordas de Vigo.
mércores, 13 xul 2016
Abel Caballero recibiu este mércores aos responsables da cadena de alimentación, quenes lle expuxeron que o seu proxecto comercial en Vigo ten "unha vida moi saudable", en verbas do rexedor, e que "agardan abrir o próximo ano, e moi pronto, a súa nova tenda en Pizarro".
mércores, 13 xul 2016
Abel Caballero definiu ao vilalbés afincado en Vigo como unha "persoa emblemática" e "literato excepcional", cunha "obra extraordinaria" na súa "defensa do galego e pola súa capacidade expresiva" na nosa lingua. O rexedor tamén recoñeceu a súa función docente no IES Rosais 2 de Vigo, onde se xubilou. <br />
mércores, 13 xul 2016
Así o anunciou este mércores o alcalde de Vigo, quen informou ademais de que a celebración do Día de Galicia na cidade terá lugar o 21 de xullo nos xardíns ingleses do Pazo de Castrelos. O pregón correrá a cargo do pintor, gravador e xestor cultural Antón Pulido, tal e como avanzou Abel Caballero.
mércores, 13 xul 2016
Os datos de Aena revelan que neste mes de xuño o número de pasaxeiros de Peinador creceu nun 34% respecto ao ano pasado. As mesmas cifras arroxan un crecemento acumulado dun 41% nos primeiro seis meses de 2016.