O Concello contratará 36 persoas a través dun convenio coa Deputación de Pontevedra
O alcalde informou este xoves da aprobación por parte da Xunta de Goberno Local da solicitude de contratación de 36 operarios á Deputación de Pontevedra para executar o II Plan de Conservación e funcionamento de bens e servizos municipais que está subvencionado con case 80.000 euros para o concello vigués.
A Xunta de Goberno Local deu luz verde á solicitude de operarios á Deputación de Pontevedra para executar o II Plan de Conservación e funcionamento de bens e servizos municipais 2015 que permitirá contratar 36 persoas para realizar obras dos servizos municipais cun custo de case 80.000 euros, financiados íntegramente pola Deputación, segundo explicou Abel Caballero.
O rexedor sinalou a importancia deste convenio que supón "a extensión do plan de emprego da Deputación de Pontevedra, por primeira vez, ao Concello de Vigo. É a primeira vez que sucede" e apuntou a un cambio na política do ente provincial ao referirse a que "empeza a surtir efecto a nova iniciativa da Deputación".