O goberno local acelerará a construción da segunda fase do aparcadoiro gratuíto do hospital
O Concello axilizará os trámites para poñer en marcha a segunda fase do proxecto municipal de construír un aparcadoiro gratuíto nas inmediacións do novo hospital de Vigo. Así o trasladou aos medios ao dar conta dos problemas de tráfico que está a xerar na zona o feito de contar cun parking privado e moi caro.
O alcalde de Vigo reiterou esta mañá a súa preocupación pola situación que sofren os usuarios do novo hospital de Vigo "que probablemente ten o aparcamento máis caro de Europa", o que xera moitos problemas de tráfico xa que os conductores vense obrigados a aparcar en zonas inadecuadas. Por este motivo, anunciou que o Concello "vai acelerar as obras de construción da segunda fase do aparcadoiro público e gratuíto que se vai construír nas inmediacións do hospital". Deste xeito, dixo, xa se está a acondicionar unha parcela para facer 500 prazas, ao tempo que se están a axilizar os trámites para a segunda fase desta actuación, que suporá outras 500 prazas. Para facer fronte de xeito inmediato a esta situación, Caballero anunciou que xa se está a traballar nun plan de emerxencia para o tráfico da zona.